Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A súa dor rilla nas tripas dos sentimentos

lunes, 30 de marzo de 2015
Chegan tres noticias para quedarme incluso curto este espazo. Xeralmente, nunhas eleccións todos acaban contentos. Nas andaluzas, non. Por fin algúns asumiron o fracaso. O PP foi unha hecatombe; IU un fracaso e UPyD desapareceu. Ata o propio Podemos, con todo o que conseguiu, confiaba en algo máis.

Pola contra, onde se respiraba optimismo foi onde, antes, había amargura e moitos cabreos, é dicir, no clásico. Case sempre sufría unha gran resaca o perdedor dese encontro e, tamén xeralmente, por culpa da arbitraxe. Mais por esta vez e neste caso, os merengues aguantaron ben; porque o seu equipo, aínda que perdeu, tivo contra as cordas durante unha hora ó que ía de favorito. E hoxe en día xa é moito pedir, tal como estaba xogando o Real Madrid. Tamén se pode dicir que tiveron dobre alegría: por esa hora comentada e porque, despois, nos últimos minutos, non saíron goleados. O clásico… agora si, coma un luns político: todos contentos.

A amargura, a alegría, a tristeza, os cabreos, os recoñecementos pasan a segundo plano ante o impacto brutal do accidente do avión alemán nos Alpes franceses. A cantidade de mortos empurra a un recanto do esquecemento ás eleccións andaluzas e ó clásico dos clásicos. Non queda outro remedio que pensar nesas familias rotas. Incluso non podes evitar sufrir con esas familias; porque as súas imaxes, as súas declaracións, a súa dor rilla nas tripas dos sentimentos. E eses nenos da idade dos meus; pensas e… pingas de orballo cobren os ollos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES