Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Se nos negaran as propias man

miércoles, 01 de abril de 2015
O mundo da inclusión, polo que se está a loitar dende múltiples ámbitos vén acompañado, tamén, de múltiples e diversas perspectivas que cómpre analizar e levar á práctica para conseguir que cada persoa goce do máximo nivel de autonomía e benestar. Esta é a filosofía que defende o paradigma da vida independente dende o que moitas asociacións desenvolven a súa misión social (non exenta de obstáculos e teas inmobilistas de Penélope que combaten día a día).

Unha destas asociacións é Down Coruña que leva moito tempo implicada na promoción da autonomía persoal dende todos os ámbitos: procurando a inserción sociolaboral, promovendo adestramentos en vivenda para unha posible vida independente, realizando actividades na Universidade da Coruña ou desenvolvendo saídas autoxestionadas pola cidade nas que os rapaces van sos tras un tempo de adestramento e supervisión por parte dos educadores/as e voluntarios/as.

Todo isto reflicte un fondo traballo de concienciación tanto cara as propias familias (que teñen que superar a tendencia á sobreprotección) como cara unha sociedade que debe aprender a valorar e valorarse por ilímites en vez de facer do límite minusvalía...

Sen dúbida un destes loitadores pola autonomía persoal e pola inclusión é Borja Dorado, traballador de Down Coruña que, con motivo do Día Mundial do Síndrome de Down (o 21 de marzo), convídanos a pensar o que faríamos se nos negaran as propias mans e faino cunha fermosa curta de 2:12 minutos de duración protagonizada por Daniel González, Xoel Pardo e Federico Pérez. A curta supón a visualización de como a sobreprotección anula ilímites impoñendo o límite como única realidade.

Unha realidade castradora que nos prende en grifóns agarimosos que non deixan de ser grifóns pero o certo é que na curta múdanse as tornas para poñernos na perspectivas da persoa con diversidade funcional abafada no férreo control dos seus pasos.

En 2 minutos e 12 segundos Borja Dorado e o seu equipo retrátannos as consecuencias de negar as mans, é dicir, da sobreprotección que se enfoca no límite e impide o desenvolvemento pleno da persoa como identidade única e irrepetible. A partir de aquí toca reflexionar ata ver a cada persoa tal cal é, proxectándoa nun futuro inclusivo onde poida tecer a súa propia forma de ser e de liberdade. Crer na vida implica capacitar para que cadaquén viva a vida que lle pertence.

Parabéns a Borja e ao seu equipo pola idea, polo resultado e pola loita diaria.

https://www.youtube.com/watch?v=l5dKoBLObpE
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES