Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O noso "Alfonso Blanco"

viernes, 27 de marzo de 2015
Alfonso Blanco era unha progresión de luz na Chaira e os seus raios víronse tapados e pechados pola eclipse transitoria deste astro, mais despois do negro e do escuro, despois da noite, . . . veu a luz, volveu o día, renaceu a presenza deste xa fillo da nosa esencia, cantor da verdade, pregoeiro da cultura a outear desde Xermolos para romper para sempre coa escuridade que nos embargou durante os dez días de tristeza, á espreita sempre dunha melloría que tamén ía xermolando devagariño.

Benvido de novo ao acontecer diario das nosas vidas, necesitámoste temón e cairel desta largacía, lévanos polo mar da Chaira porque só ti sabes dos ventos e do nordés, guíanos e síguenos levando na túa nao de sabedoría, síguenos insuflando o vento do perdón, que é o vento da verdade porque os que odian son sempre uns pobres badocos, non saben da luz, non esculcan a verdade do silencio que florece nos solpores e queimaraos o ácido sulfúrico da carraxe, e ti ben o sabes, mestre, compañeiro e amigo, que o “perdón” é a palabra máis forte porque as dúas sílabas que a compoñen son duras como as consoantes oclusivas que a traspasan; mais “perdoar” é un verbo que aloumiña e acaroa ata tal punto que ilumina o escuro porque a querencia maniféstase tras da escuridade iluminada polos teus raios de bondade que ecoan moito máis aló do seu resplandor e reflíctense en todas as lagoas da Chaira, nunha progresión continuada que leva á verdade absoluta.

Hoxe xa estamos contentos, véndote na túa biblioteca, ao lado do ordenador, para seguir soñando amenceres de músicas e cantos, de versos e de libros, de xuventude e de amizade, de palabras e conversas, de confesións e de ánimos; hoxe, volviches a apaixoarnos e a conmovernos, compañeiro, alma da Chaira e bo amigo.
Cos meus desexos dun alíxero restablecemento.
Xosé Otero Canto
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES