Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Convén perder tempo

jueves, 26 de marzo de 2015
Cando eu era nena teño oído moitas veces aquelo de que: “O TEMPO É OURO” para indicar que había que aproveitalo ó máximo.

Certamente.
Todos queremos obte-los melloes resultados do emprego do noso tempo.

Noutros tempos facíase un favor a calquera dicindo:
“O tempo dáo Deus de balde”.
Pero hoxe en día hai que pagalo por case todo.

No caso que me ocupa, non é o mesmo “perde-lo tempo” que “perder tempo”.

No primeiro caso significa desaproveitalo; pero no segundo pode ser de gran utilidade “perdelo” según en que cousas.

Vexamos:

-¿CONVÉN “PERDE-LO TEMPO” XOGANDO COS NOSOS NENOS?
¿Ou será que agora os nenos nacen moi listos e xa non precisan de nós?
¿Ou será mellor enchufa-los á televisión e deixalos á súa sorte?
¿Ou quen sabe se mandándoos a actividades extra-escolares xa hai suficiente para que aprendan moitas cousas?
Etc, etc...

Pois vai ser que non. Rotundamente, ¡non!

Os nenos precisan da compañía, do contacto, do afecto e do tempo dos seus proxenitores. Ninguén pode ocupa-lo seu lugar.

Por eso: “Convén perde-lo tempo” con eles porque é un tempo ben empregado en relación familiar e tamén para senta-las bases da personalidade das nosas criaturiñas.

¿CONVÉN PERDE-LO TEMPO COA PARELLA?

Todos coñecemos persoas que son moi pero que moi trablladoras e entréganse de tal maneira ó traballo que pensan que o mais importante é conseguir moitos cartos para que á família non lle falte de nada.

Oitros non son tan dados ó traballo e prefiren pasar horas e mais horas cós amiguetes botando un trago nunha taberna ou se se tercia irse a botar uma cana ó aire.
Calquera cousa menos “perde-lo tempo coa parella “ que xa está moi vista.

Ninguén pon en dúbIda que a vida de parella é moi delicada, precisa moitos mimos, moitas atencións, moito esmero, moita compañía, moito amor.

O amor é un precioso xardín que hai que regar cada día se non queremos que se “murche”.
¿Por que se “murchan” moitos amores de hoxe en día?

Quzás as razóns sexan moi complexas, pero unha delas pode se-la falta de atención. A falta de tempo.

“Perde-lo tempo coa parella” pode ser unha boa vitamina para conserva-lo amor tenro como o primeiro día.

¿CONVÉN “PERDE-LO TEMPO” PARA MANTE-LA FAMILIA UNIDA?
As relacións de familia deben conservarse no mellor dos estados posibles, sobre todo cando se incorporan novos membros.
ESo esixe moito tempo, moita dedicación, moita paciencia e non pocas veces moita diplomacia.
Deso saben moito principalmente as amas de casa.
Pero a fin de contas unha familia unida é unha riqueza.
Por eso convén “perder tempo” con ela.

¿CONVÉN PERDE-LO TEMPO COS AMIGOS?
Os amigos son os parentes que nós eliximos.
Son un complemento moi importante nas nosas vidas
Hai amigos de mil clases e todos son importantes, pero aqueles que estan ó teu carón en momentos difíciles, non teñen prezo.
Por eso, “perde-lo tempo” con eles é unha ganancia.

¿CONVÉN PERDE-LO TEMPO COS ENFERMOS?
Certamente.
A enfermidade e a dor non son prato de bo gusto para ninguén.
Incluso nos cortan a alma en moitas ocasións pero… o tempo dedicado a visitar e coidar enfermos, non cae en saco roto.
Ó meu entender é un dos tempos mellor empregados.

¿CONVÉN PERDE-LO TEMPO EN ACTIVIDADES SOCIAIS?
Coñezo moitas persoas que dedican tempo, coñecementos e cartos de seu propio peto para facer algo máis levadeira a vida de colectivos necesitados de axuda.
E non sempre son comprendidas nin valoradas, incluso son criticadas en según que casos; pero elas están convencidas de que “perde-lo tempo” con eses labores merece a pena.
Graza a elas, a vida persoal e social faise máis levadeira.
Por eso o tempo adicado a actividades sociais, non é tempo perdido.

¿CONVÉN PERDE-LO TEMPO PARA DEDICALO A NÓS MESMOS?
Pois, naturalmente que si.
Cada persoa ten en si a riqueza máis grande: a súa propia vida.
A nosa propia vida é o máis sagrado que temos.

Por eso convén “perde-lo tempo” con nós mesmos por moitas e variadas razóns:

-O noso corpo e a nosa mente precisam descansar para repoñer forzas.

-A nosa persoa precisa dun tempo para recapacitar sobre as propias necesidades físicas, mentais, emocionais e espirituais.

-A nosa persoa necesita uns coidadados que tan só nós mesmos lle podemos dar.

-A nosa persoa necesita alimentarse e nutrirse para poder valerse por si mesma e tamén axudar ós outros.
-A nosa mente necersita coñecementos para esta ó dia e non quedarse no foxo da vida.
-A nosa alma tamén precisa de moitos mimos porque é a que guia tódolos nosos sentidos en beneficio propio e mais alleo.

Por eso “perde-lo tempo” para o noso enriquecemento interno, non só é aconsellable, senón, totalmente necesario.

¿CONVÉN “PERDE-LO TEMPO” PARA DEDICALO DESINTERESADAMENTE ÓS OUTROS?

Pois, tamén porque os outros necesítannos e nós necesitamos dos outros.
Hoxe por min e mañá por ti.
Ninguén pode asegurar a ciencia certa o que vai precisar dos outros.
Nin de quen vai a precisar a axuda.
E se non a precisa, mellor que mellor.

En calquera caso hai máis riqueza en dar que en recibir.

O tempo é un regalo que se nos dá gratuitamente.
De nós depende a maneira de administralo.

“ADMINISTRADORES DO TEMPO”

Ese será o título do vindeiro artigo, se todo vai como penso.

Por todas esas horas, eses días, eses anos que vostede adica en benefico doutras persoas, quero darlle as grazas desde o mais profundo do meu corazón.
E tamén polo tempo que adicou a ler este artigo meu.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES