Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Ave, Cristina Narbona!

martes, 11 de abril de 2006
Hai tempo, entre os informadores locais circulaba unha historia sobre visitas ministeriais que quizáis non foi verdade nunca, pero como lenda urbana é plenamente aceptable.

Viña de visita un Ministro de Obras Públicas, e daquela – aínda agora – a visita dun ministro era un acontecemento importante.

Era recibido por unha banda de música que na recepción oficial atacou con fruición unha marcha, con máis ímpetu que rigor musical. E un espectador comentou algo sobre o mal que tocaba a banda, ó que alguén da organización respostou: “É igual... Para as estradas que fai, ben lle vale a música que tocan”.

Á Ministra de Fomento, de nome Magdalena Álvarez, en Galicia, polas obras que fai e polas que non fai, polo que di e polo que se lle nota, valeríalle ser recibida cunha fanfarria festeira, desaparecidas as cencerradas de antano.

E haberia que recibir con banda ben afinada á Ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, que ven de darnos a boa nova de que van adiante determinados temas primordiais para as infraestructuras do noso país.

Dona Cristina anuncia que o tema do impacto ambiental do Ave entre Lubián e Ourense, vaise publicar e polo tanto desbloquear, o mesmo que o da autovía Ourense-Lugo. Sóa a música celestial nunha terra que sabe agardar, e teno demostrado, e leva agardado moito por estas obras que son imprescindibles para o noso desenvolvemento.

A primeira estrada que viña de Madrid, no tempo do rei Don Carlos III, tardou quince anos en facerse; o Plan Redia, máis ou menos outro tanto. Agora os procedementos seguro que teñen mellorado e avanzado, pero tamén as obras son moito máis complexas. E as obras do Ave van durar ata o 2010 como supón Touriño ou ata 2020 como estima o PP, pero o caso é que veñan.

De cando en vez, ven moi ben una boa noticia. Polo tanto, ¡Ave, Cristina Narbona!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES