Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

300.000 oliveiras

jueves, 19 de marzo de 2015
Hai anos tiven o pracer, máis cá oportunidade, de participar nun documentado paseo en coche entre a cidade de Jaén e as xemelgas e universalmente patrimoniais Úbeda e Baeza, acompañado dun colega da Deputación xienense que sabía todo canto está escrito e probablemente moito do que aínda non se escribiu, sobre as oliveiras.

Ó longo de todo o día –porque a conversa durou bastante máis cá relativamente curta viaxe entre as tres localidades andaluzas- o noso acompañante explicounos o porqué do vello dito de “andar polos cerros de Úbeda”. Que, entre oliveira e oliveira, mergullados como andabamos naquel inmenso e granulado mar de outeiros verdes que semellaban ondas, non debe haber menos de 10 metros de distancia, o que supón que por cada hectárea de terreo sexan contabilizadas 100 oliveiras. E, cómo non, tamén aprendín a cifra máxica que globaliza ó longo e largo da grande demarcación provincial de Jaén, un total de 45 millóns de oliveiras. É dicir, facendo contas redondas, seica tocamos a unha oliveira por –como dicía Machado- “españolito que venimos al mundo”.

Cada vez que me toca viaxar, cara arriba ou cara abaixo de Despeñaperros, por Guarromán, La Carolina, Bailén, etc., etc., sempre presumo de saber esa millonaria cifra coa que –nunca mellor dito- come cada día unha inmensa parte da sociedade agraria xienense, cousa que a miúdo deixa sorprendido –porque non o imaxina- a cantidade de oliveiras que caben nunha soa provincia ben aproveitada.

Logo tamén aprendín outros datos sobre o aceite en Galicia. A saber, iso de que por culpa da raíña católica Isabel e o Conde Duque de Olivares, a industria medieval do aceite pasou a ser historia na nosa terra. Que o reducto das nosas explotacións olívicas permaneceu oculto nos montes de Quiroga. Así como que, sen embargo, ó outro lado da raia de Monterrei, na denominada Terra Quente portuguesa, alá por Mirandela -e de aí para abaixo-, mantense unha industria agraria certametne puxante no sector do aceite. E, sobre todo, que esa industria, curiosamente, está sostida nun tipo de oliva á que denominan “galega”.

Hoxe -onte para vostede- tiven oportunidade de asistir á presentación dun libro promovido pola empresa de referencia do aceite de Galicia -é dicir, Aceites Abril- e realizado polo fotógrafo Xurxo Lobato, e na presentación -que me fixo lembrar aquela froitífera viaxe polo norte de Andalucía- fun informado de que, dende que a familia Pérez Canal apostou por reescribir en positivo a historia negra que nos liga coa agora catódica Isabel, leva plantadas nada máis e nada menos ca 300 mil oliveiras, que non merecen outra cousa ca un "hurra!", non tanto por desmentir á raíña castellana, tanto por demostrar que os nosos montes serven para algo máis ca para seren simplemente antorchas.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES