Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Achegármonos a Portugal

viernes, 06 de marzo de 2015
Que Xosé María Díaz Castro falase dezasete idiomas é unha magnífica excepción entre as carencias idiomáticas dos galegos, para os que o ensino de idiomas onde mellor funcionou foi “in situ”, na dura emigración dos diversos extranxeiros aos que se dirixía a nosa xente.

Nos meus tempos mozos, en Vilalba, estudiábase o francés. A saber por que razóns idiomático-políticas, además das naturais xeográficas. Logo, todo cambiou, e púsose de moda o inglés, o primeiro idioma mundial –o segundo sería o castelán, e despois quizais o galego/portugués- cos que se abarcaba todo o mundo.

E a xente da idade dos meus fillos aprendían inglés no seu colexio e reforzábano con clases particulares nas academias de nativos que floreceron pola nosa xeografía, coidando ía serlles moi útil no futuro, que é agora mesmo.

Agora, seica xa se ensinan outros idiomas coma o aleman ou o chino no máis puro sentido práctico de preparar aos traballadores do futuro de cara a mercados laborais que se supoñen van seguir sendo emerxentes cando os actuais estudantes deixen de selo.

A noticia, agora é o ensino do portugués nos centros educativos de Galicia, que me parece de xustiza por historia, por vida en común, por inmediatez, por similitude, porque xa non hai fronteira.

Non se estudiou portugués antes porque coidabamos que co galego xa nos amañábamos en Portugal. Pero especialmente porque os portugueses aínda eran máis pobres ca nós, e polo tanto pouco se podía agardar dos nosos veciños de cara ao futuro.

Pero chegados a este momento en que os ricos de antes non son os de agora (ou son moito máis ricos), en que debemos valorar o propio e o dos nosos próximos, resulta que é práctico –ademáis de xeitosamente xusto- estudiar un idioma que se supón doado para nós, para relacionarnos cos nosos veciños máis próximos, veciños da casa e os máis parecidos a nós.

O estudo do portugués é un signo de axeitarnos á realidade, de mirar o que nos queda máis preto e máis parello, síntoma de que comezamos a apreciar o noso e o da casa do lado. Menos mal que empezamos a achegarnos a Portugal.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES