Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (50)

miércoles, 04 de marzo de 2015
María Ribera

Unha mestra case esquecida. Ensinou a moitos nenos e nenas a ler, escribir e contar. Era a mestra dun barrio de Ferrol, de San Xoán de Filgueira. Traballaba nun piso moi vello. Estaba enriba dun forno de cocer pan. Dáballe calor no inverno. Ensinou a moitos nenos. Non tiña familia, e xa moi maior, foise para o asilo “Mi Casa” de Ferrol.

Gustáballe que foran vela. Cando o coche desa panadería ía levar o pan ao asilo, ela, desde a ventá, víao e dicía que lle caían as bágoas, pois quería moito á xente do barrio. Ensinara xa a algunhas xeracións. Así pasou uns anos. Logo, un día rompeu unha cadeira. Foi ao hospital. Xa non puideron operala. Tiña oitenta e dous anos. Pouco tempo durou.

A casa onde ela fixo escola xa a tiraron. Un montón de escombros. Onde estarán tantos recordos vividos no medio desas paredes? Todo desaparecerá? Non entendo o mundo. Debe ser malo de entender.

Morreu María Ribera. Un enterro con dez persoas. Onde estaban os nenos e pais que ela tanto ensinou? Espero que algún teña un recordo de gratitude para ela.

Este agarimoso recordo da nai de tres nenos que foron a súa escola.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES