Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Composición Fantástica

sábado, 21 de febrero de 2015
Os días 9, 10 e 11 de febreiro, a UNED Sénior de Xestoso “tele-dirixida” pola seu Coordinador D. Luis Ángel Rodríguez Patiño, fixo unha visita a Segovia cando a Aemet anunciaba alerta por neve a boa parte do norte de España. A paisaxe presentábase máis que femosa aínda que as estradas polas que nos dirixíamos estaban despexadas.
Composición Fantástica Segovia, cidade monumental, Patrimonio da Humanidade recibiunos con traxe de gala: ela radiante como sempre iluminada por un sol de xustiza e a Serra cuberta por un groso manto de neve, como se quisera arroupala ¡Era impresionante! Un bo regalo para a vista.

Como tiñamos a tarde libre, cadaquén aproveitouna como quixo, uns por aquí e outros por alí, pero a maioría visitamos o casco antigo. Como non podía ser menos, o primeiro en recibirnos foi o ACUEDUCTO que construiron os romanos ó seu paso por estas terras. Escribir sobre o acueducto sobrepasa os límites deste comentario, pero, merecer ben que Composición Fantásticao merecía. Outra vez será.

Un grupiño dirixímonos pola parte antiga para precorrer tódolos monumentos civís relixiosos e militares, remtando no ALCÁZAR.

E á volta visitamos a MURALLA ata adentrándonos na xudería por una empinada escaleira que nos levou de novo á PRAZA MAIOR ó pé da que se atopa a CATEDRAL.

Ó día seguinte diriximonos ó PALACIO DE RIOFRIO percorrendo una zona rural cargada de vida animal: vacas, cabalos e ovellas ían busncando alimento onde a neve llelo permitía.
Ó adentrármonos no bosque do Palacio apareceron os gamos que correteaban como “Perico por su casa”, habituados como están ás visitas. A paisaxe seguía nevada, pero o sol relucía con gusto e aproveitamos para facer unha fotoo co grupo diante da cara sur do Palacio.

Foron Felipe V e Isabel de Farnesio quen o mandaron construír como lugar de descanso, comezando as obras en 1752 para rematarse sete anos despois. Consta de 7000 metros cadrados por planta e cinco plantas. En 1960 abríuse ó público, encargándose do seu mantemento seis persoas.
Xa dento do mesmo, unha esbata e amable azafata foinos guiando polas distintas dependencias do Palacio que se poden visitar:
-Dúas salas con cadros adicados á vida de Xesús e con mobiliario distinto en cada sala. As sillas para cabaleiros con dous repousa brazos e as das raíñas cun só para dar espazo ás enaguas das damas. As lámpadas son modelo Isabel II. En moitas salas había uns chamadores para que acudirá o persoal de servizo indicado para cada ocasión.
-Unha sala de billar incorprado desde o século XIX por Fernando VII. A súa lámpada é a orixina:l de aceite.
-O comedor con cadros de bodegóns coa flor de lis de Isabel II. Dúas chemineas e un braseiro dáballes calor.
-A sala de Alfonso XII casado coa súa curmá MARÍA DE LAS MERCEDES en 1878.
-A sala de ISABEL DE FARNESIO casada con FELIPE V, neto do REI SOL de Francia. Tiveron sete fillos e deixáronos ben colocados en diferentes reinos.
-O despacho con cortinas de terciopelo e paredes empapeladas con papel e pan de ouro.
-A zona privada: una sala con secreter, un piano de Alfonso XII e sillas isabelinas.
-O oratorio.
-O dormitorio de ALFONSO XII onde gardou dó por María de las Mercedes. As dimensións da cama son 2x1,30 cun retrete para o rei.
Na parede: un cadro de Alfonso XII e María de las Mercedes o día do seu casamento. Máis tarde obrigárono a casarse con María Cristina.
-A sala dos regalos de voda onde se mostra a variedade.
-A sala dos indicadores das distintas habitacións dos reis a onde acudían os sirventes solicitados en cada circunstancia. O persoal de servizo acudía a través dun andar interior, por eso tódalas dependencias reais tiñan una porta na parede traseira que era por onde acudía o personal de servizo.
-Sala de Francisco de Asís, o marido de Isabel II.
-Desde 1950: a sala de Carlos V e Isabel de Portugal.
-A sala dos Austrias.
-A sala dos Borbóns.
-E, por último, as diferentes salas de animais que se amosaban nos respectivos dioramas: cervos, patos de Doñana, rebecos, corzos de Valsaín, cabra montés da Serra de Gredos, avutardas, pita do monte, grazas, perdices da Mancha, moucho real, grullas, águia real, raposos, buitres, gamos de Riofrío, oso pardo, xabarín con raións, faisáns, lebres, coellos, muflón, lobos, linces, porco teixo, pombas…
- E non podía faltar unha sala de trofeos de caza de Alfonso de Borbón Dúas Sicilias.

Nin que dicir ten que a visita ó Palacio de Riofrío foi de sumo interese.
Seguimos rota á LA GRANJA, onde visitamos a REAL FÁBRICA DE VIDRIO, construída en tempos de Felipe V para fabricar vidrio para o Rei. O pobo servíase co barro.

Pero foi en tempos de CARLOS III no ano 1760 cando se construíu o forno, nun solar de 25.000 metros cadrados, en forma de basílica con dous cruceiros onde estaban os fornos e onde está actualmente a exposición; onde se poden ver diferentes máquinas antigas así como os materiais empregados e unha sala anexa con vidrieras. Obra dos irmáns Maumejean que recibiron o primeiro premio co seu Cristo.

Á volta paramos en SANTA MARÍA LA REAL DE NIEVA onde visitamos o seu mosteiro dunha beleza extraordinaria, pero para nós era importntante visitar lugares onde fai cincuenta ou máis anos foron á sega algúns dos compañeiros da Uned Sénior de Xestoso. Faláronnos da dureza do traballo e do trato que recibían porque había categorías; mayoral, trasmayoral, adultos e nenos. Eles estaban ó remate e pasaban moitas estreituras.

A continuación móstrase o alpendre, a palleira onde durmían todos amoreados nunha manta. Os dous cabaleiros da foto durmiron nesa palleria cando eran adolescentes. Varios irmáns das señoras, tamén. Ó pé da citada palleira está a igrexa parroquial que tamén visitamos. Os dous cabaleiros de chaqueta marrón e xersei verde foron segadores en Nieva e Villacastín, na súa adolescencia. Estes señores foron segadores dos que nos fala Rosalía de Castro, aínda que eles discrepan algo de Rosalía.

A continuación fixemos outra parada na vila que noutrora foi capital de finanzas xunto con Amberes, MEDINA DEL CAMPO, onde se pode apreciar na súa Praza Maior os diferentes lugares asignados ós diferentes comerciantes da época. Nunha esquina da Praza Maior atópase a casa onde morreu a raíña ISABEL LA CATÓLICA.

Con esta visita demos por rematada esta viaxe que resultou moi interesante tanto polas visitas realizadas como polo clima e pola boa harmonía entre o Alumnado.
Botamos en falta un día máis para visitar: Sepúlveda, Riaza e Pedraza porque deste xeito daríamos un repaso á provincia de Segovia. Pero outra vez será.

Temos que agradecer o labor realizado pola Directora da UNED en A Coruña, Dona Susana Blanco Miguélez que nos conseguíu a visita gratuita ó Palacio, a labor do Coordinador que estivo pendiente de nós na distancia, o bo comportamento do Alumnado e ¡como non! á meteoroloxía da zona que nos ofreceu unhas paisaxes de película. Tampouco podemos esquecer ó conductor que estivo á altura das circunstancias en todo momento.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES