Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entroido paralelo

lunes, 16 de febrero de 2015
O coincidir a campaña electoral co Entroido tradicional e popular, fai que , en paralelo, se desenvolva o que é mais particular, que promoven os políticos.. O feito diuse tamén na cita de 2011, coincidindo ambos “entroidos”, o lúdico e o político, e os candidatos deste aproveitaron para dar a coñecer as propostas que ían resolver a problemática social, cultural e económica, que nos afectan.

Partindo destas premisas o PSOE aportou a iniciativa que, según eles, rematarìa co paro na bisbarra: unha potente cooperativa agrogandeira que, coa transformación das materias primas, absorbería a producción e con ela a man de obra da comarca. Pola súa banda, o PP levaba como estrela o consabido Porto Deportivo, que potenciaría o turismo (da escritora Elvira Lindo son estas verbas: ” só o político é capaz de prometer a ponte onde non hai río”), UNIFOZ anunciaba que o melloraría(¿?) e o BNG, nun alarde de progresismo e visión de futuro de amplo calado, dotaría a vila de Praza de Abastos, modalidade xa entón obsoleta, superada por canles de comercialización mais acordes coa dinámica da sociedade.

En todo caso , como alguén dixo, “nada mellor que o carnaval para celebrar unha feira do voto, na que todos compiten en vender peines para calvos”.

Temos lido:” a democracia permite que cada catro anos elixamos aos que nos van decepcionar”. ¿Cre , lector amigo, que de non tratarse dunha “carnavalada”, propia do tempo, os políticos farán semellantes plantexamentos?. O que suscribe pensa que non, pois do contrario rematarían coa depauperada credibilidade da crás: unha mágoa .

A piques de nova vivencia similar; catro candidaturas , algunhas amparadas tras insólitas máscaras. Neste intre acude á nosa memoria a tan afastada etapa estudiantil: en Lugo, un personaxe popular, chamado Manuel, vendía por rúas e bares da cidade lotería nacional, e tamén o xornal. Cando Franco removía algúns ministros, Manuel pregoaba: “¡ Noticias frescas!.¡ Franco cambia el Gobierno!. ¡Son los mismos perros con distintos collares…!” Eran cousas do Manuel…

Disfrute, lector, do entroido popular e tradicional, e que o ” paralelo” sexa livián…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES