Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día dos namorados

martes, 10 de febrero de 2015
Celébrase o vindeiro sábado, 14 de febreiro, San Valentín, ou Dìa dos Namorados, no que se fomenta o intercambio de agasallos entre as persoas amadas. A orixe é confusa, pero a versión mais extendida fala dun sacerdote nacido en Roma polo s.III onde gobernaba o Emperador Claudio III que levou a cabo crueis persecucións ós cristiáns, e sostiña que éstes non deberían casar entre sí, ordeando que os que o fixesen fosen condenados a morte.

Valentín era bispo e, conscente da inxustiza e de que o pobo debía unirse libremente, casaba ás parellas de forma secreta, agasallándoas cunha flor branca que significaba pureza e fidelidade.

Ó ser descuberto foi detido e levado ante Claudio III, que intentou convencelo para que abandonara o cristianismo e se unise ó imperio romano, concedéndolle a cambio o indulto da pena por desobedecer a orde imperial.

Valentín non aceptou e Claudio sentenciouno a morte. Pero antes foi ó cárcere, e neste punto aparece Xulia, a filla do carceleiro Asterio, da cal, se dí, Valentín se namorou. Xulia era cega de nacemento e moi fermosa. O sacerdote faloulle de Deus; ela veu o mundo a través dos ollos de Valentín, e a fe en Deus e a tranquilidade espiritual fixo que un día Xulia poidese ver. Finalmente o santo foi executado o 14 de Febreiro de 271 e soterrado na igrexa de Práxedes, en Roma.

A lenda dí que Xulia plantou unha árbore de almendros con flores rosadas, que hoxe é símbolo de amor e amizade. En 1969, o calendario católico estableceu o día 14 de febreiro como recordatorio do santo.
A mestura de historias, lendas e celebracións convirtiu a data no Día dos Namorados. Ogallá, lector amigo, vostede o celebre con entusiasmo pois, según Campoamor:“Todo en amor es triste / mas, triste y todo, / es lo mejor que existe”. Parabéns .

(Suso Fernández é cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES