Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rebáixase todo

jueves, 05 de febrero de 2015
A ninguén se lle oculta que os precios de determinados bens e servizos non teñen nada que ver cos que rexían hai uns anos. Todo tira á baixa, naturalmente ou pola forza dos todopoderosos mercados que dispoñen como debemos vivir, e mesmo se podemos vivir. Alomenos, disponen condicións que nos dificultan a vida á que se supón que socialmente estabamos acostumados.

Nos tempos da expansión económica, da fiebre do ladrillo, o que aforraba en cartos supoñíase que era porque non tiña aspiracións, e conformábase simplemente co que o banco quixese pagarlle polos seus aforros, que tampouco estaba tan mal. O que quería investir compraba un terreno e promovía unha edificación. Ou, máis doado, compraba un par de pisos, daba un sinal económico, esperaba un par de meses e vendíaos –mesmo sen construír aínda- gañando un par de millóns en cada un.

E – Diaz Castro, dixit- “veu a noite derrubando todo”, e as propiedades no valeron para nada, e o que quere vendelas ten que malvendelas, e o que quere recuperar investimentos ten que perder quizais máis da metade do investimento efectuado.

Se hasta as institución se ven cun problema importante de existencia de parcelas industriais que lles pesan nos balances económicos e na alma, porque aínda que sexa política, as institucións (creacións humanas) teñen alma aínda que non o pareza. E para que valla de exemplo, Xestur pon á venda unha ducia de parcelas no polígono vilalbés das Sete Pontes, magníficamente comunicado con Vilalba e a autovía A8, para uso industrial e comercial, pola metade do que ata agora estaban tasadas. Que lonxe os tempos nos que un promotor mercaba unha parcela e, sen facer nada nela, vendíaa o ano seguinte cunha sustanciosa ganancia. Esto de agora si que é aggiornarse.

E aínda hai quen protesta porque os novos postos de traballo que se crean teñen soldos máis baixos do usual, en condicións menos gratas que noutros tempos, sen decatarse que aqueles tempos tardarán moito en volver ou non volverán.

É o momento dos saldos. O que poida aguantar, que agarde. O que teña que vender, si ou si, que Deus o colla confesado, porque despois do que leve sufrido aínda lle quedan moitas culpas (alleas) que purgar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES