Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A nova linguaxe da RAE

miércoles, 04 de febrero de 2015
Semella que a RAE quere achegarse ao pobo recollendo novas palabras de uso máis ou menos diario como “cague”, “gorrilla” ou “gatillazo”. Incorpora así o novo xeito de ser e de falar dun pobo que vai cos tempos actualizando o seu idioma con verbas de fóra como“coach” ou “chaise longue”. Que a linguaxe vaia cos tempos resulta absolutamente imprescindible e que a RAE asuma unha nova forma de ser da cidadanía con verbas como “mileurista”, “chupi”, “tuitear”, “wifi”, “lorza”, “pilates”, “bloguero”, “abrefácil” ou “anticrisis” paréceme un xeito de achegar a lingua ao pobo e de recoñecer que el é o construtor do seu propio devir.

A RAE nun exercicio de empatía ábrese á cultura popular recoñecendo que o seu xenio creador é o que evoluciona a lingua atribuíndolle novos usos. Por outra parte, esta empatía esténdese a reclamas históricas como a eliminación do significado pexorativo de “gallego”. Coido que neste ámbito desaproveitouse a oportunidade de eliminar outras acepcións de termos como “gitano”, “autista” ou “judiada” que supoñen un trato igualmente pexorativo que debemos evitar polo menos na linguaxe. Xorde, aquí, o dilema de se a RAE ten que ir paralela á evolución da sociedade ou se, en determinados ámbitos, ten que ir un paso adiante eliminando o pexorativo. Neste aspecto, sempre se dixo que a linguaxe ten que dar un paso á fronte pero dada a intencionalidade da RAE nesta reforma parece coherente non eliminar un uso que o pobo pon en práctica.

Este é un debate no que persoalmente me custa tomar posición xa que por unha parte agradezo á RAE a eliminación do significado pexorativo do “gallego” e, pola outra, coido que só será efectiva cando deixe de ter proxección social.

En todo caso, gústame a iniciativa da RAE de escoitar como fala o seu pobo e sobre o que escoita emprender iniciativas de reforma xa que o pobo é o verdadeiro garante da lingua e a lingua ten que acompañar ao pobo no seu devir histórico. Quizais, a RAE teña que corrixir no futuro algunhas acepcións pero dependerá de que o pobo camiñe cara a inclusión de certos colectivos e borre do seu imaxinario as visións pexorativas dos mesmos.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES