Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Has de escribir...

viernes, 30 de enero de 2015
Dou por suposto que, coma min, foron moitos os ourensáns que leron con satisfacción a noticia que o pasado martes nos deu a coñecer, entre outros, este medio de comunicación sobre o nacemento desa vella aspiración cultural -desa débeda moral, cabería dicir- que Ourense tiña cun dos seus fillos primordiais co que ó longo da súa traxectoria vital mantivo unha relación raiana nalgúns intres case no desprezo, como foi a de Eduardo Blanco Amor.

E dado que sei que é así, esta xanela -que olla, unhas veces dende a distancia e outras dende o paso corto- o acontecer social e cultural desta provincia, non podía deixar pasar a ocasión sen facerse eco de tal circunstancia, tanto pola valía de seu do propio escritor (tan de actualidade que mesmo catro membros da propia sociedade ourensá reescribiron e reactualizaron traxicamente o seu guión da Esmorga cando a lúa se aproximaba ó solsticio invernal) como pola satisfacción persoal e o teimoso esforzo que me consta do meu "irmau" na ourensanía e discípulo de EBA, o tamén escritor Luís González Tosar.

Hai poucos meses, cando ámbolos dous nos dirixiamos ó estacionamento da Alameda para coller os nosos respectivos coches e marcharmos cada quen para as nosas aldeas de Amoroce e Guimarás, ó superar o muro do bispado, Luís torceu o seu andar rectilíneo pola beirarrúa e fíxome achegarme con el ata o monumento que tamén por mor da súa teimosa devoción por Eduardo Blanco Amor foi sufragado pola Deputación provincial para que os ourensáns tiveran cando menos presente de forma permanente a efixie elegante do escritor.

Fíxome ir ata alí e dado que eu levaba comigo a cámara fotográfica, díxome, faime o favor de sacar aquí unha foto porque has de escribir, sobre isto que che vou contar, unha columna.

Eu, obediente e disposto cos amigos, así o fixen e ademais de inmortalizar o encadre entre a memoria en bronce do autor de "Xente ao lonxe" e a poderosa humanidade de González Tosar, dispúxenme a escoitar o que o poeta de Guimarás me contaba, prometéndolle atopar o momento de reproducilo "negro sobre branco" nesta páxina.

E o que Luís G. Tosar me contou foi que no momento no que Xosé Cid inmortalizou ó "fillo da florista" naquel lugar presencial da Praza de Pontevedra, o Concello de Ourense adquirira o compromiso de gravar sobre o banco de pedra que circunda o xardín no que se atopa, o título de tódalas obras que ó longo da súa vida publicou Eduardo Blanco Amor para coñecemento das xeracións futuras.

E velaí que, aínda que sei que a nova Fundación revitalizará a proposta, eu síntome na obriga de me facer eco dela agora que os candidatos -ou futuros candidatos- á alcaldía inician a fase de recollida de ideas.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES