Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sen Xustiza, non hai Paz

jueves, 29 de enero de 2015
Un ano máis, as persoas da Uned Senior de Xestoso xuntámonos para reflexionar sobre a Paz. Pero, é posible a Paz nun mundo no que a dignidade da persoa non é o primeiro? Cando millóns de persoas morren por falta de alimentos, de medicinas, de auga potable, etc. Cando poboacións enteiras son bombardeadas coa disculpa de loitar contra o terrorismo, sabendo que o obxectivo verdadeiro é a apropiación, por parte de occidente, das materias primas destes países, sobre todo, o petróleo?

Sen xustiza, non pode haber Paz. E a violencia xenera violencia. Como pode haber Paz nun mundo que o un por cen das persoas posúen a mesma riqueza que o setenta por cen do resto da poboación? Mesmo aquí, entre nós, cantas familias sen traballo, sen medios para facer fronte ás necesidades de cada día. Xuventude, moi preparada, que ten que emigrar, porque aquí non ten futuro. Xente que está perdendo a súa casa, por non poder pagar a hipoteca, e os bancos amasando cada vez máis beneficios. Nenos que a comida principal que reciben é a do comedor escolar, porque a súa familia non lle la pode proporcionar.

E os gobernantes ou pasan de largo ou levan a cabo reformas que din eles que nos sacarán da crise, e o único que fan é empeorar a situación das persoas traballadoras, recortando dereitos laborais, baixando os salarios. Hoxe en día, podes ter un posto de traballo e non saír da pobreza. Os poucos postos de traballo que crean son en precario e con soldos de miseria. Cada día hai máis recortes en sanidade, educación, dependencia, etc. Sabendo que a máis crise, maior ten que ser o gasto social, para compensar as desigualdades. Pero, a desigualdade non lles preocupa aos nosos gobernantes. De feito, España é o segundo país máis desigual de Europa, onde os ricos son cada vez máis ricos e os pobres cada vez máis pobres. Mesmo hai unha clase media que pasou a engrosar a bolsa de pobreza.

A dignidade das persoas ten que estar por encima dos intereses económicos. E estamos vivindo nunha sociedade na que prima o enriquecemento persoal, a apariencia, a corrupción, a falta de sensibilidade polos problemas dos demais, sobre todo, dos máis pobres, dos máis débiles. Unha sociedade dirixida por unha minoría que somete a outra inmensa maioría e isto só o consiguen a base de violencia. Da violencia institucional. E esta violencia xenera máis violencia.

Mentres non haxa xustiza, non haberá Paz. E nós, na medida que contribuamos a un mundo máis xusto, estaremos loitando pola Paz.

(Mª Lourdes Pérez Freire é alumna da Uned Senior de Xestoso, Aula de Paderne).
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES