Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis 'demos' e menos 'cracia'

viernes, 30 de enero de 2015
A nosa democracia precisa máis "demos" e menos "cracia".
Hai poucos días nunha das xuntanzas que un grupo de amigos e amigas facemos periodicamente para reflexionar sobre algúns temas de actualidade, tratamos sobre a actual democracia do noso país. Todos coincidiamos en que certos males importantes penetraron nela: a corrupción, a non representatividade dos políticos escolleitos, as políticas fiscais regresivas que gravan menos aos que máis teñen, a mentira, o cinismo, a primacía dos intereses económicos sobres os sociais, etc. Creo que poderiamos enunciar algúns males máis, pero chega abondo cos citados.

É un feito constatado que os partidos políticos preséntanse ás eleccións con un determinado programa e logo fan o contrario do que prometían facer. Debe aceptarse unha certa desviación dos obxectivos marcados, porque se a política é a ciencia do posible, a variación de circunstancias pode así esixilo para alcanzar maior eficacia. O que xa non é admisible é facer o contrario do que se di, porque desta maneira a representatividade queda deslixitimada. O político ten a consideración de escolleito pero non é representativo porque o pobo que o votou non lle deu un cheque en branco, senon un mandato para executar o programa presentado.

Manexouse na reunión o libro POSDEMOCRACIA do sociólogo británico Colin Crouch, que aborda este tema e que aporta como solución o reformar a democracia para conseguir máis “demos” e menos “cracia”, quer dicir máis presencia da vontade popular fronte ao poder acumulado dos políticos elixidos para gobernar.

A tarefa non é doada, sobre todo tendo en conta que a corrupción instalada fai que os que gobernan lexislen cada vez máis para protexerse do pobo que lle poida esixir contas.

Como é posible que frente á decisión do xuiz Castro de sentar no banquiño a Cristina de Borbón se argumente pola defensa, persoalizada nun dos pais da constitución, Miquel Roca, que non pode ser procesada xa porque os perxudicados, fiscal e facenda, que representan ao Estado non a teñen denunciado? Existe, non obstante un claro dano causado a todos nós, pero o pobo non pode denunciala recollendo sinaturas, e non teño dúbidas de que se eso puidera facerse serían moitos os millóns de sinaturas que avalarían a proposta.

Con moita cautela e como algo que podería servir de base de reflexión lanzo un par de ideas para que o “demos” pese máis na democracia:

- A posibilidade de que a inicitiva popular lexislativa poida ser de actuación directa, quer dicir, someterse a referendum se as sinaturas que avalan a proposta de lei superan o tercio do censo electoral.

- Que unha lei aprobada no parlamento poda ser derogada de maneira automática, sempre que a iniciativa popular recolla en sinaturas a mitade do censo electoral.

- Que na educación se potencie a filosofía e a ética para desenvolver o espírito crítico das persoas, individualmente e como sociedade.

O meu desexo é que aqueles que pretenden rexenerar a nosa democracia poidan incorporar estas propostas no seu programa e logo, por descontado, cumprilas.

Será moito pedir?
Domínguez Martínez, Francisco
Domínguez Martínez, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES