Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Portadores de paz

martes, 27 de enero de 2015
Se botamos unha ollada ós xornáis do mundo comprobamos que moitos países están guerra, outros estanse pereparando por se a houbera e pode que haxa algún que goce dese ben tan preciado de vivir en paz.

Se botamos unha ollada ó noso país –aínda que vivimos en democracia- non deixamos de sobresaltarnos cando escoitamos que non se pode baixa-la garda “por si las moscas”

Se botamos unha ollada ó lugar onde vivimos, medio pobo está enesmistado co outro medio.

E se botamos unha ollada ás nosas familias observamos que –a veces – son tantas e tan grandes as diferencias entre os membros máis achegados dunha familia, que mellor non falar deso.

¿E que pasa se botamos unha ollada ó noso interior?

¿Temos no noso interior tanta paz como precisamos?

Cadaquén pode dá-la súa propia resposta.
Eu voume atrever a expoñer aquí o que percibo no entorno que me rodea:

Os bebés que –en teoría- están rodeados de tódolos mimos, de vez en cando ven alterada a súa paz por razóns que eles mesmos non enteden e dan moito que facer ás persoas coidadoras.

-A infancia perde a paz cando os seus carpichos non son compracidos, no fogar, no colexio, no supermercado ou na sociedade que os rodea.

-A xuventude alterase coas dificultades académicas, coas laborais, coas emocionais ou con todo ó mesmo tempo.

-Os adultos danlle voltas e máis voltas á cabeza, pensando en cal será a fórmula máxica para amañar o mundo.

-E os séniors coma nós:
¿Que podemos facer para contribuir co noso grao de area á paz neste mundo tan complicado?

Pois –aínda que pareza mentira- a nós tócanos moito que facer:

O PRIMEIRO É NON PERDE-LA ESPERANZA DE QUE VIVIR EN PAZ NON É COUSA DOADA, PERO TAMPOUCO É IMPOSIBLE.
Ademais de ser posible, é algo que nos convén moito a todos.
Absolutamente a todos, porque cando reina a paz entre nós, todos saímos beneficiados.

Os que peiteamos canas, sabemos por propia experiencia que:

Os anos vividos e a infinidade de problemas resoltos ó longo da nosa dilatada vida, dinos que O PRIMEIRO É NON PERDE-LA CALMA:

-Non perde-la calma cos bebés cando estes collen un berrenchín porque moitas veces non é por falta de nada, senón por exceso de mimos e por chamar a nosa atención.
Eles tamén teñen que ir aprendendo que na vida non pode conseguirse nin todo o que apetece nin cando apetece.

-Non perde-la calma coa infancia porque dela tamén podemos aprender moito con intercambio xeracional. Eles son a alegría da vida, son o noso relevo, moitas veces son os nosos cómplices e non poucas o noso punto de apoio.
Por eso nos convén ter boas relacións por ambas partes.

-Non perde-la calma coa xuventude porque xa se sabe: “Xente nova e leña verde, todo é fume.”
Xa a propia vida se encargará de ir apagando os fumes e poñendo a cada un no lugar que lle corresponde.

-Non perde-la calma cos adultos porque eles xa teñen abondo con levar sobre os seus ombreiros o peso da vida familiar e tamén o da vida social.
Eles son en boa medida os piares sobre os que descansamos porque:

-Eles son os que producen a riqueza económica do país.
Os que fan que o noso país teña a renda per cápita que ten e o posto que ocupa no mundo.

-Eles son os que cotizan para que se manteña en equilibrio a caixa da Seguridade Social.
Nós tamén cotizamos no seu momento para que outros cobraran.
Sen a súa productividade os séniors non poderíamos disfrutar das pensións aínda que noutrora tiveramos cotizado. A vida ten que segui-lo seu ritmo. É unha cadea.

-Eles son tamén os nosos coidadores na enfermidade. ¿Quen o vai facer se non?
Necesitámolos.

-Non perde-la calma con nós mesmos, cos nosos achaques, coas nosas limitacións, coas nosas rarezas e co noso declive cronolóxico.

Gozamos do privilexio de chegar a esta idade en condicións normais. Outros moitos non chegaron e outros están pasando por unha situación moi delicada.

A vida fíxonos o mellor dos regalos: deunos moitos anos de vida e aínda seguimos ó pé de cañón esperando gastar moitas mangas novas.

Que teñamos algúns achaques propios da idade, é o que corresponde.

Que teñamos menos axilidade motora que fai trinta ou corenta anos, tamén entra dentro do normal.

Que a veces nos poñamos algo raros porque xa non temos facilidade para según que cousas, tamén hai que asumilo.

Con todas as limitaciós que poidamos ter, aínda estamos nunha etapa da vida de sumo interese para a paz social porque:

-Somos portadores de paz para os nosos fogares dado que a nosa figura serena pode e debe contribuír a calma-los ánimos dos máis xoves.

-Somos portadores de paz para o noso vecindario, restándolle impotancia a certas rencillas que nunca deberan ter lugar, porque a fin de contas todo é moi relativo, depende da importancia que lle queiramos dar.

-Somos portadores de paz para o noso país e –como non- para o colectivo da UNED Sénior na que estamos matriculados.

Afortunadamente entre nós reina unha paz harmoniosa que moitas outras persoas quixeran disfrutar.

Non noso ser interno hai un recuncho donde gardamos un manancial de paz que é como un pozo sen fondo:
“Canta máis paz sacamos, máis fabricamos”.

Esta fábrica non se pode cerrar porque é a fábrica máis productiva do mundo mundial e nós levámola con nós a onde queira que vaiamos.

E deixaremos ese legado ás xeracións futuras para que sempre reine a paz na nosa terra.
Porque nós somos dos que pensamos que:
Para nós A PAZ é SAGRADA porque nós somos xente de paz.

(MERCEDES CACHAZA PLATAS é alumna da UNED Sénior de Xestoso-Aula de Paderne)
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES