Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E os mediocres tomaron a xestión...

viernes, 30 de enero de 2015
Morreu a política. Morreu atacada polo mal dos mediocres, a sumisión aos poderosos e a degradación dos humildes. A política xa non é tal, é mera xestión administrativa ao servizo de clientes que que representan a un poder económico sin patrias nin amigos nin escrúpulos.
E os mediocres tomaron a xestión...
Eses servidores do poder, matan en Europa a quen os elevou a esa encomenda de xestión, esas clases medias que agora están a convertir en proletariado forzoso, eses mesmos que sin conciencia de clase van empregar o recurso inmediato, o voto para castigar ese servilismo.

Eu, galego-esceptico, non acredito no que hai e sospeito do que ven, non por desencanto, sinón por análise, acredito na política de verdade, a que marque e deseñe pautas poñendo a economía ao servizo dos cidadáns e non aos cidadáns ao servizo da economía. A economía como instrumento para o benestar.

O actual estado de cousas en Europa xenera apoios a forzas de toda pelaxe, de esquerdas en Grecia, ultradereita en Francia, indefinida no estado español, moito máis por resposta visceral ao que hai que por formación ideolóxica.

En.calquer caso, dubido da capacidade de mudar sustancialmente as cousas por parte desas forzas pola vía institucional cando elas mesmas, como pasa con PODEMOS, mudan o seu discurso por medo aos condicionantes do sistema, que a pesares do seu fracaso, mantén polo mango a tixola da economía.

En Galicia, máis do mesmo, forzas que van máis ao seu que aos intereses de país por moito que digan. O país esmorece ao tempo que os políticos andan a manter a súa "leiriña" nunha demostración histórica de falta de políticos galegos de nivel, e forzas que non alcanzan a aglutinar no seu discurso e na súa práctica.

Mediocres aproveitados sin máis visión que o seu propio interés a costa daqueles a quen din representar nunha ulitización perversa da democracia, facendo da corrupción o pico dun mal estructural propio do sistema.

Son un pesimista? Pode ser... Penso que non, simplemente un optimista compulsivo pero incrédulo polas moitas experiencias que me tocaron e necesitado de alternativas que dunha vez por todas poñan por diante o país, aos seus cidadáns e ás maiorías, que non teñen porque ser os que gañan (Syriza acadou o 20% do censo a pesares dos resultados, ollo!).

O tempo irá decindo o que alcanzan a mudar forzas como Syriza, e si os cambios reais deben vir a través do "pacto" económico ou a ruptura total co sistema, porque cada día máis, acredito en que non hai cambios reais sin revolución, ao tempo...

Mentras, os mediocres, seguirán coa xestión, que non co goberno e menos aínda co poder real, esas son palabras maiores.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES