Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Raúl Río

miércoles, 28 de enero de 2015
De moitos vilaregos que chegamos a coñecer e a afondar co proxecto dos Vilares, lareira de soños, un fundamental é Raúl Río Díaz, coñecido por Raúl Río ou Raúl de Río na parroquia.

Fondo coñecedor dos Vilares é das súas xentes, foi íntimo amigo de Xosé María Díaz Castro, do que foi un dos principales impulsores con Xermolos da dedicatoria do día das letras o pasado ano.

Raúl, artista polifacético, escultor, fotógrafo, articulista, militante da cultura e do país, realizou o famoso busto adicado ao poeta nas Reixas dos Vilares, e eses Baixo relieves dun demo e de Castelao na Pena das Grallas, pero ademáis, centos de fotos súas promoven a parroquia na páxina de panoramio como o mellor promotor do patrimonio paisaxistico e monumental da parroquia.

Emigrado en Euzkadi igual que centos de vilaregos, tamén alí desenvolveu unha intensa actividade cultural e asociativa na Asociación Rosalía de Castro da que foi presidente e da súa man fixéronse encontros con destacados literatos galegos nese país, entre eles Manuel María ou Novoneyra ademáis do propio Díaz Castro.

Home comprometido con Galiza, coñecedor e amante da súa terra, forma parte desa canteira de vilaregos destacados que altruistamente adica boa parte da súa vida a poñer en valor o noso.

Raúl de Río é sen dúbida un deses galegos bós e xenerosos dos que fala o noso himno, outro vilarego para o mundo.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES