Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pola beirarrúa da memoria

lunes, 26 de enero de 2015
Catro nenos corren pola beirarrúa da memoria. O balón chouta dunha parede a un poste da luz e deste á leira do veciño. Agora, cal é o chulo que vai por el. Ricardo Penedo Suárez non é un veciño calquera. Ten fama de ameazar aos nenos con sacarlle o unto a aquel que ouse poñer un pé na súa leira. Fálase de que, hai anos, o fillo da Toupeira, alcume de Lucía Saborido Saborido, desapareceu cando estaba a xogar preto doutra leira de Ricardo, o Escornabois. E as lerias debuxábanse no espello dun unto colgado da ventá da casa do Escornabois. Os catro nenos sentan nas banquetas da conciencia. Ninguén se atreve a ir polo balón. Este, de súpeto, asoma rodando pola beirarrúa. Os nenos corren, entón, polo sorriso da infancia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES