Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un desexo: ¿É unha necesidade?

jueves, 22 de enero de 2015
Os seres humanos temos tendencia a confundir os desexos coas necesidades ata o punto de chegar a traumatizármonos se non damos acadado os desexos que nos formulamos.
¿Cantas veces sufrimos porque non conseguimos esto ou aquelo que desexamos?
Eu, moitas; pero cada vez menos porque co paso dos anos algo vaise aprendendo.
É moi probable a que vostede nos lle pase, pero sei que a outras persoas, si.
-Na infancia desexamos un xoguete crendo que o precisamos para ser felices e –se non o conseguimos- sufrimos un calvario.
E pasado o tempo reguntámonos:
¿Realmente era necesario aquel xoguete para o noso desenrolo normal?
Seguramente que non, porque aínda que non nolo deron, seguimos o noso proceso evolutivo normal ou quen sabe se mellor porque nos educaron para renunciar a algo que desexábamos e non podíamos ter.
Preguntémonos outra vez: ¿Cantos xoguetes lles sobran ós nenos de hoxe en día?
-A adolescencia considera que levar roupa dunha marca determinada lle dá prestixio social, sen pensar que a valía está na persoa e non na vestimenta:
Pero a realidade é que moitos adolescentes séntense traumatizados e martirizan ós seus proxenitres porque consideran unha necesidade o que tan só é un desexo.
Fagámonos outra pregunta: ¿Teñen extrema necesidade de teren móbil tódolos adolescentes?
¿Cantos móbiles lles sobran?
-E na xuventude…nin que dicir ten.
É o momento por excelencia de presentación na sociedade e canto máis se poida presumir:
-Un bo porte.
-Un bo coche.
-Unhas boas vacacións.
-Un piso propio…etc, etc.
Se non hai para pagar uns estudios, vale; pero… para presumir diante da sociedade… Eso que non falte.
ASÍ É QUE CREAMOS NECESIDADES ONDE TAN SÓ SON DESEXOS TAN BOS COMO SE QUEIRA, PERO A FIN DE CONTAS: DESEXOS, NON NECESIDADES.
Eu sei de persoas que actuan así.
¿Vostede coñece algún caso?
-E na vida adulta, pasa tres cuartos do mesmo: desexamos moitas cousas das que tranquilamente poderíamos prescindir se non fora porque o consumismo o materialismo compulsivos estannos comendo literalmente o “coco” a moitos de nós.
Seguramente é vostede unha desas persoas excepcionais que sabe distinguir a diferencia entre desexo e necesidade.
-Desexaría ter nacido nunha familia multimillonaria, pero tocoulle nacer nuha familia normal, é dá grazas por ter una familia tan boa como ten.
Outros moitos non teñen ese privilexo.
Ter una familia onde as persoas poidan sentirse queridas e apoiadas, é unha necesidade, pero non ten por que ser económicamente acaudalada, porque os ricos tamén choran.
-Desexaría que os seus fillos foran superdotados e ocuparan postos de alta responsabilidade no mundo da ciencia ou da investigación, pero son persoas normais, honradas e traballadores e xa se considera un pai ou una nai afortunados, porque vese cada cousa por aí…
Eu penso que ser una persoa normal, é o mellor que nos pode pasar.
¿A vostede que lle parece?
Eu penso que ser normal xa é un bo regalo que nos fai a vida.
-Desexaría ter una casa na montaña e outra na praia, pero ten una vivenda digna onde vive cada día e leva una vida moi feliz cos seus e eso bástalle.
Ter una vivenda digna é una necesidade, ter varias pode ser desexable pero nin está ó alcance de todos, nin é una necesidade básica.
Eu sei de persoas que a teñen e non creo que por eso sexan máis felices que os que temos unha.
-Desexaría ter un coche de gama alta, pero ten un utulitario que lle deu moi bo resultado e por eso lle colleu moito cariño… e tan só pide que lle dure unha xeiriñamáis e despois:”Deus dirᔠ.
Ter un coche de gama alta e un desexo, pero ter un para as necesidades de cada día é una necesidade.
O coche da miña xuventuve foi un dous cabalos de terceira man e podo confesarlle que fun tan feliz con el como co que teño agora, con ser bastante mellor.
Para ser feliz, o que verdadeiramente importa é te-las necesidades básicas cubertas.
Non para tódalas persoas son iguais a nescesidades básicas. Depende en boa medida da educación e do estatus social de cada persoa.
O noso cerebro é o que rixe a nosa vida.
Existen moitísimas persoas que teñen moi ben educado o seu cerebro e son felices con pouco porque non senten necesidade de ter máis do que teñen.
Estas persoas pertencen a tódalas clases sociais:
-Unhas poderían darse una gran vidorra e levan una vida humilde e sencilla de tal xeito que incluso pasan desapercibidas.
Son persoas que non desexan máis que o básicamente necesario.
Non precisan destacar porque son moi ricas no seu interior. Encontrar con persoas así é una fortuna.
Haber, hainas. Eu coñezo varias e son un encanto de persoas.
-Outras, a maioría, somos persoas de clase media que somos felices por ser como somos e por ter o que temos.
PARA NÓS A RIQUEZA ESTÁ NO SER MÁIS QUE NO TER.
A este grupo pertencemos as persoas do montón.
-Tamén existen outras persoas que non teñen outras aspiracións máis que as de ser felices aínda que carezan do mínimo.
Xeralmente son persoas relativamente felices porque tampouco teñen outro nivel de aspiracións. Os seus desexos coinciden coas súas necesidades. Para elas, válelles así.
O ideal sería que a cada persoa lle deixaran ter o seu propio baremo de media pero neste mundo materialista e consumista non resulta nada doado.
Tal vez teríamos que pensar en consumir máis bens espirituais e menos materiais porque “non só de pan vive o home”.
Se un día chegamos a comprender cales son as necesidades básicas para ser felices, seguramente deixaríamos de ser escravos dos nosos desexos e a vida resultaríanos moito máis levadeira.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES