Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pastora Veres

martes, 20 de enero de 2015
Pastora Veres Rosende, veu para quedarse porque como tantos vilaregos que andaron polo mundo, nunca marchou. A pesares de que a súa Pastora Verestraxectoria profesional como traballadora social a ten levado a residir en Compostela e nas comarcas de Ferrolterra, Barbanza, Lugo ou A Coruña, é e está íntimamente ligada á Chaira é aos Vilares de donde é orixinaria.

Desde aquelas primeiras Romerías Labregas da Chaira nas que participou hai casi cinco lustros, no seu pensamento sempre estivo devolver á súa terra chairega aquelo que as circustancias lle impediron e que agora está a traballar co seu proxecto Os Vilares, lareira de soños, motivada por Manuel María cando hai 24 anos a convidou a plasmar en publicación aquela exposición fotográfica da parroquia e motivada tamén polo recoñecemento xeral do seu poeta e veciño Xosé María Díaz Castro.

E como o proxecto non é só un libro e un documentario, seguiremos após da publicación disfrutando de inciativas sostentadas pola memoria colectiva e conducidas por Pastora, Pas para os seus amigos, no futuro inmediato.

Pero Pas non é historiadora, nin tampouco investigadora, é fundamentalmente poeta cunha evidente vea xornalística que fará do seu traballo unha inmensa reportaxe de vivencias e lembranzas nunha bonita linguaxe poética, nunha expresión mesmo épica das vidas máis humildes e discretas.

Pastora veu para quedar e este seu mundo da cultura enraizada na mesma árbore de tantos que queren á Chaira desde o lugar máis pequeno, como as herbas pequerrechiñas de Díaz Castro que enchen de perfume o mundo.

Pastora fai tamén poesía, algo que tamén se coñecerá nun futuro non lonxano para seguir a encher esa creación xurdida do Vilariño e que xa se veu ampliada con outros poetas vilaregos.

Un ano de traballo e recopilación de datos, testemuños, imaxes, iniciativas, serán en pouco tempo unha xoia para unha pequena parroquia hoxe universal que debe ter nun futuro o seu espazo natural na casa de Pepe no Vilariño, na que se centralice non só a obra do poeta, senón toda a información, documentación e imaxes da súa parroquia conseguidas por Pastora e que será un bó fondo documental complementario, o grande museo e centro dos Vilares.

Todo canto leva recollido neste tempo será imposible incluilo no libro, pero nin queda perdido nin debe quedar esquencido porque é froito dunha aportación comunal, de todos, nese lume da lareira encendida por esta vilarega, que veu para quedar, porque nunca marchou...
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES