Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Big Band de Foz

miércoles, 14 de enero de 2015
Dos variados números culturais desenvolvidos na vila perante as pasadas xornadas do nadal, foi de grande éxito o concerto que a Big Band, sinónimo de “orquestra de jazz”, ofreceu na sala do Cenima, repleta de público. O grupo, formado por unha ducia de exalumnos da focega Escola de música , baixo a dirección de Arcadio Mon; unha música que apareceo polos anos 30 do pasado século e que tivo o seu maior esplendor entre as décadas 40 e 70 do mesmo; que creou pezas inesquecibles, das que foron autores nomes non menos lembrados: Pérez Prado(“O rei do mambo”), Louis Amstrong, Glenn Miller, Xavier Cugat…. De títulos coma “Cerezo rosa”, “Mambo nº 8”, “Perfidia”, “Siboney”, “Serenata a la luz de la luna” … e outros, entusiasmando a un auditorio numeroso que disfrutou dunha audición pouco prodigada en concerto: de feito e, salvo erro, é ésta a única “big band” existente na Mariña.

Arcadio, coa ducia de músicos que o acompañan, lograron un rotundo éxito, nun acto magnificado pola brillante intervención do humanista doutor Pablo Mosquera que, namorado da nosa bisbarra, que é a súa, amais de entusiasta melómano, atesoura un amplo bagaxe da cultura e da historia do contorno; valores que teñen o cénit na vella cidade da Paula, capital histórica.

Arcadio, fundador da Banda de Foz, director da Escola , de quen temos escrito que “con él chegou a música a Foz”: expresión que as vivencias cotiás ratifican a cotío; e con él o polifacético Pablo Mosquera, que preside “Os Aventados”, forman o tan-dem que aquela tarde impartiron lección maxistral que os presentes souberon apreciar e premiaron con entusiastas aplausos.

O cronista non dubida en calificar de histórico o acontecemento que con seguridade permenecerá por tempo no recordo dos que tiveron o privilexio de disfrutar desta feliz mestura da música e da docta palabra feita literatura e historia:¡parabéns!.

(Suso Fernández é cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES