Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

"Arriba as mans"... Somos os da I.T.V.

viernes, 09 de enero de 2015
Estamos no século dos atracadores, dos asaltantes do público, dos furtadores da moeda, dos bandidos do noso, dos ladróns de luvas brancas, dos pistoleiros da empresa mirando para a escravitude, dos salteadores de promesas, e . . . por último, dos furtadores do 902.

Os atracadores van a máis e o noxo campea polas rúas en túnicas de xerga branca ou en camisas de liño ou de estoxo que son o bagullo das sabandixas acariñadas pola frouma do vento, mais fai falta un ollar moi asisado para distinguir a esta caterva non roubadora de “galináceas”.

Cada vez que tentamos as teclas do teléfono para chamar á nosa compañía de seguros, por exemplo, - que de nosa non ten nada - , ou chamar á I.T.V., tes que pagar, si señor, pagar para dicirlles, iso si, en galego na tecla 1, que lles vas deixar os cartiños da “loitosa” moderna ou da “gaudiosa” se é que, por casualidade, pasas a revisión, mais sempre será un imposto, taxa ou trabuco que hai que levar cada ano desde a súa imposición polos nosos “polízicos”, nome procedente e comungante con “póliza, imposto, selo ou tributo” . . . Que marabilla de “polí(t)zicos” os nosos ! Que mentes prodixiosas as dos nosos dirixentes!, pois chamar (por teléfono) para dicirlles cando, e a que hora queren que te rouben ou que pasen a roubarte, ou . . . o que é o mesmo, pasar a I.T.V. a uns prezos escandalosos e aínda por máis, a partir de agora, centralizaron os seus teléfonos nun 902 (léase, que botaron aos traballadores e para máis “inri”, cóbranche por chamar); é dicir, que para chantarche cando lles interesa que che pasen a revisión, xa empezas pagando sen darte conta, e por riba, non che saen de repente, non, ... sae a maquiniña falando unha lingua de cemiterio no camposanto da indiferencia dicindo, pulse 1, pulse 2, pulse 3, pulse . . . mais o tempo vaise pulsando e eles van cobrando segundo a segundo na campa asolagada da inxustiza, no verdor “obólico” dos dólares ou maravedís esquilmados á clase traballadora.

Señores desgobernantes, son vostedes uns indolentes do pobo, teñen vostedes unha grande indolencia e indixencia de espírito, xa que non dispoñen das cousas necesarias para que o cidadán poida vivir e convivir adecuadamente, revelan “vostedes” ( con minúscula ) unha apatía e unha ausencia de “ansia” do noso, que dá que ver . . .

Menudas industrias montan, - claro, industrias preparadas para roubar ao pobo – por que díganme, non podería montar a Xunta as ITVs e sacarlles proveito para todos nós? Non, non . . .Que va! Hai que darlles ás empresas privadas para despois poñer os cazos, e se rouban ? . . . Mellor, ao pobo hai que domalo coma os animais salvaxes, e ademais os moinantes que pagamos, somos sempre os mesmos.

Señores da Xunta, xa está ben! Que teñamos que pagar un teléfono 902 para pedir cita de algo que é obrigatorio, é de coña!, é o mesmiño ca cobrar por preguntar cando tes que ir ao médico.

Que país! Deus nos asista! Dicía Mariano José de Larra. NECESITAMOS MOITOS CAMBIOS E DE TODAS AS ORDES, pero . . . aplíquense, que esta sociedade está a cambiar, mais vostedes (con minúscula) seguen igual e levaraos a corrente do río da vida que desembocará no mar, e vostedes camaleóns durmidos servirán de comida para outros peixes máis grandes.

O seu sempre afectísimo.

Xosé Otero Canto.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES