Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Deus rogando e co mazo dando

jueves, 08 de enero de 2015
Pois si.
Acaban de pasa-los Reis magos polas nosas casas e ademais de traernos tantos agasallos como foron capaces de transportar, tamén nos trouxeron moita enerxía para emprender con ánimo este novo ano.

Eles viñeron desde Oriente e pouco a pouco foron chegando, porque viron una estrela que lles daba ánimos e que ó mesmo tempo que os guiaba, dáballes alento para que puideran ver cumprido o seu desexo.

-Grazas a todo eso moitísimos nenos –e non tan nenos- esperamos ilusionados o día de Reis.

Basta con ve-las imaxes dos medios de comunicación social co gallo da cabalgata de reis.

-Grazas a todo eso os nenos gozan cos agasallos e os maiores non o disfrutan menos.

-Grazas a todo eso, mantemos a ilusión nun día máxico nas nosas vidas.

-Grazas a todo eso, moitos desexos vense cumpridos.

-Grazas a todo eso móvese a economía.

-Grazas a todo eso créanse postos de traballo e moitas persoas traballan afanosamente todo o ano para levaren pan para as súas casas.

-Grazas a todo eso créase ilusión…

¿Imaxínase vostede o que pasaría se os Magos non viran a estrela?
¿Imaxínase o que pasaría se, aínda que a viran, non a seguiran?
-Imaxínase o que pasaría se lles cansaran as forzas antes de chegar ás nosas casas?

Pois a nós pásanos algo semellante con relación ó ano que estamos comezando.

-Unha estreliña máxica dinos que nos espera un futuro prometedor:
-Porque queremos conserva-los nosos valores.
-Porque confiamos na creación de novos postos de traballo.
-Porque esperamos que a nosa economía medrará.
-Porque traballaremos canto poidamos para que mellore o noso benestar e o das persoas que nos rodean.
-Porque confiamos no futuro mellor cada día.
-Porque sabemos que nunca choveu que non escampara.
-Porque mantémo-la ilusión de vivir.
-Porque desexamos un mundo mellor para os que veñen detrás.
-Porque sabemos que os nosos prensamentos son positivos e conformes cos cánones.
-Porque sabemos que en boa medida os nosos pensamentos constrúen o noso futuro, poque actuamos según pensamos.Outra cosa e que non sempre dan as contas da casa coas da praza.
-Porque somos conscientes de que os nosos esforzos non quedarán defraudados.
-Porque todo canto facemos volverá a nós e a recompensa ós nosos esforzos está asegurada.

A fin de contas, os esforzos non caen en saco roto.

Porque “A DEUS ROGANDO E CO MAZO DANDO”
Imos ter que mazar moito, pero como di un coñecido dito galego:
“MALO SERÁ”:
-Malo será que non haxa una man amiga que nos axude nas nosas dificultades.
-Malo será que o corvo sexa máis negro que as ás. Nunca tal se víu.
-Malo será que non se lle vaian poñendo remedio ás dificultades que se nos vaian presentado. Xa din alí que todo ten remedio menos a morte.
-Malo será que a nosa economía non vaia collendo outras trazas, porque seica din os ententidos que “estamos a punto de despegar.”
De momento toca: MAZAR E ROGAR.
Logo xa iremos vendo…

Iremos vendo como co paso do tempo, pasan tamén as dificultades, só se precisa botar una ollada ó pasado e ver como todo se supera.

“BOTAR UNHA OLLADA Ó PASADO” será o título do vindeiro artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES