Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un acelerador espiritual?

jueves, 01 de enero de 2015
O día de hoxe ten algo en común e máxico para tódalas persoas: ricas. pobres, xoves, anciás, da cidade, do rural, do norte, do sur, dos catro puntos cardinais...
Todas, absolutamente todas, estreamos un novo ano que leva o número 2015 da nosa era.

Estamos gozosas por chegar a este día tan especial porque cando se estrea algo tense posto nese algo:
-Moita ilusión.
-Moitos proxectos.
-Moitos retos.
-¡Moitas ganas!

En días pasados todos desexábamos, desde o máis fondo dos nosos corazóns, o mellor para este ano que acabamos de comezar.

Todos eses desexos circulan polas nosas mentes e polos nosos corazóns en forma de ENERXÍA POSITIVA para darnos novas forzas para conseguir dese xeito unha mellor calidade de vida e un mundo mellor para todos.

-As familias con nenos en idade escolar sacarán forzas e tempo de onde sexa para dedicarlle máis tempo á familia e ós estudios dos nenos
-A xuventude formarase a conciencia para integrarse neste mundo globalizado que esixe un alto grao de especialización.
-As persoas en idade adulta arrimarán o ombreiro máis que nunca para levar a bo porto o barco da vida.
-As persoas maiores estarán moi activas conservando a súa saúde física e mental nas mellores condicións posibles, porque teñen moi claro que son un auténtico manancial de sabedoría e bondade para a xente nova.
Todas faremos canto estea da nosa parte para conserva-los valores morais e espirituais que herdamos dos nosos ancestros.

¡Oxalá que sexamos persoas de boa vontade e que saibamos compaxinar as tradicións coa medernidade conservando as cousas boas da vida:
-Os xogos de toda a vida para os nosos nenos...
-As relacións veciñais de sempre…
-As nosas tradicións…
-A nosa lingua e a nosa cultura milenarias…
-A nosa idiosincrasia…
-Todo canto deba conservarse, QUE NON É POUCO...

Para conseguilo:
¿PRECISAREMOS DUN ACELERADOR ESPIRITUAL?
¿Deberemos pedir ós Magos de Oriente un acelerador espirural?
Se o precisamos, pedirémolo.

Pediremos un acelerador para que se recupere todo o bo dos nosos antepasados para non vernos abocados a caer ó vacío nesta sociedade que vai a cen por hora sen saber moitas veces cara a onde corre.
Porque queremos un ano 2015 proveitoso para todos.

Eso si, traballando a fondo porque xa din alí:
“A DEUS ROGANDO E CO MAZO DANDO”

Este será o título do artigo do vindeiro xoves.
Graciñas outra vez por terme na súa consideración nada máis comezar este ano 2015.
¡Saúde e sorte!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES