Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parroquia Eclesiástica de S.Pedro de Martul (II)

lunes, 06 de marzo de 2006
Parroquia Eclesistica de S.Pedro de Martul (II) I.- AS CONFRARÍAS
O código do Dereito Canónico do ano 1917 manifesta que as asociacións dos fieis erixidas para o exercicio dalgunha obra de piedade ou caridade reciben o nome de pías unións. Mais si están constituídas dun corpo orgánico chámanse irmandades. Estas reciben o nome de confrarías, si han sido erixidas ademais para o incremento público (32). “Las cofradías se distinguen de las demás asociaciones de fieles porque, además de estar constituídas a modo de cuerpo orgánico, se erigen para el incremento del culto público, a diferencia de las demás asociaciones que pueden tener fines caritativos o piadosos” (33).
As confrarías son agrupacións voluntarias formadas por laicos que teñen como finalidade fomentar o culto de determinadas imaxes. Reciben o seu nome dos misterios da relixión cristiá, das festas do Señor, da Virxe, dos santos... “Las cofradías son asociaciones voluntarias de carácter laico, cuyos fines están relacionados formalmente con el culto a determinadas imágenes o advocaciones” (34). “La cofradía es la mediación fundamental para la animación y cristalización de las grandes devociones populares” (35). Teñen un obxectivo relixioso-católico e dependen da autoridade eclesiástica. “...son asociaciones cuyos fines son formalmente religiosos, estando sujetos, por ello, a la jurisdicción eclesiástica y a la autoridad de la jerarquía católica” (36).
Na confraría lévanse a cabo relacións de convivencia, sociabilidade, intercambio e reciprocidade. Poden chegar a representar o nivel de identificación e integración de toda a comunidade. As confrarías en Galicia xa tiñan vixencia nos séculos XII e XIII. Así o código dado por D. Afonso X á terra de Santiago no ano 1252 dice entre outras cuestións o seguinte:
“Otrossi mando que non fagan confrarías, nin iures males, nin ningures malos ayuntamientos, que sean a danno de la terra e a mengua do mío sennorio, sino para dar a comer a pobres, para luminaria, o para soterrar muertos” (37). Deste xeito as confrarías tiñan inicialmente como fins básicos: adicarse ós necesitados, enterrar ós mortos e iluminar o recinto eclesial cando haxa cultos levados a cabo pola confraría. Unha das primeiras foi a confraría de Cambiadores, fundada en Santiago no século XIII, que tamén se coñecía por confraría do Cirial, nome derivado do cirio que se mantiña acendido dun xeito constante na cúpula da Basílica (38).
Por outra banda a devoción ó apóstolo Santiago permanece igualmente reflectida no proceso de erección de confrarías relixiosas ó longo de todo o camiño de peregrinación, que tiñan como finalidade favorecer a peregrinase a Galicia e dar abeiro e asistencia ós peregrinos. O seu momento de máxima difusión dáse nos séculos XIII e XIV e continua ata a segunda metade do século XVIII (39).
En Galicia as confrarías son abertas e verticais; son abertas, xa que a persoa, que o desexe, pode pertencer a elas, sempre que execute os estatutos da asociación; son verticais, xa que en cada unha delas intégranse persoas pertencentes a distintas capas sociais (40).
As confrarías poden dispoñerse en igrexas ou en oratorios públicos, agás a do Santísimo Sacramento, que se establece sempre na igrexa parroquial. No interior das igrexas adoitan ocupar un altar determinado ou capela coa imaxe, que da nome a confraría.
Os fins concretos de cada confraría, a súa estructura, órganos de goberno, condicións e obrigacións dos socios, privilexios e favores espirituais, que se derivaban da pertenza a cada unha delas, quedaban matizados nos seus estatutos.

1.- A CONFRARÍA DO SANTÍSIMO SACRAMENTO
A confraría do Santísimo foi a asociación máis tradicional das parroquias rurais galegas. O arcebispo de Santiago D. Gaspar de Zúñiga fundouna en tódalas igrexas parroquiais da diocese no ano 1599, no que publicou unha pastoral, que dicía o seguinte:
“Considerando ser necesario conforme a los Sagrados Concilios, razón y buena costumbre que el Sanctisimo Sacramento esté perpetuamente en el reliquario, y cuanto daño y peligro de las ánimas se sigue de lo contrario, no sin grave tristeza hemos sido informados que en muchas iglesias de nuestro Arçobispado no ay Sacramento, y donde le ay no está con la limpieza, la decencia y la honorificación que a tan alto Señor se debe. Por tanto, queriendo proveer de rremedio, nos a parecido ser cosa conveniente ordenar una Cofradía del Santísimo en todo nuestro Arçobispado, como la instituyó nuestro muy sancto padre Paulo tercio en Roma y exorta encarecidamente se instituya en toda la Cristiandad, y concede innumerables indulgencias y perdones a todos los
confrades de la dicha Cofradía, como parece por su Bula; la qual mandamos imprimir juntamente con las reglas que han de guardar los dichos cofrades; y exortamos e mandamos a todos los Rectores, curas e sus tenientes hagan leer muchas veces esta bula en sus feligresías, no dexen de ayudar a tan sancta obra y ganar tantas indulgencias y perdones...” (41). Esta disposición foi válida logo para as outras dioceses do antigo Reino de Galicia.
Os estatutos desta confraría, que comprendía ás parroquias de S. Pedro de Martul e S. Cipriano de Aspai, foron elaborados no ano 1764 e firmados polo párroco D. Domingo Antonio e unha serie de confrades en representación dos demais: Pedro de Vivero, Juan de Latas etc. Finalmente o secretario de cámara en nome do Ilmo. Sr. bispo da diocese de Lugo, D. Juan Saa de Buruaga, aprobounos o nove de xaneiro de 1765.
Tódolos confrades pagaban unha tarxa de catro cuartos (42) ó mordomo da confraría.
“Todos los casados y viudos, así hombres como mujeres han de pagar anualmente quatro quartos de tarja” (43). A recadación das tarxas facíase dun xeito global en ámbalas dúas parroquias ata o último tercio do século XIX, no que se comeza a especificar o recadado en cada unha delas. “Se le hace cargo a este mayordomo Antonio Carballido, vecino del lugar de Cartel, parroquia de S. Pedro de Martul, de sesenta y cinco rs. y catorce mrs. que pagaron los cofrades de las dos parroquias” (44). “Recaudado en este año en la parroquia de Martul treinta y ocho rs., y ochenta céntimos. Idem recaudado en la de Aspay, cuarenta y cinco reales y sesenta y cuatro céntimos. Suma pues, el cargo parcial de este año la cantidad de ochenta y cuatro rs, cuarenta y ocho céntimos” (45). A mediados de primeira década do século vinte as tarxas comezan a pagarse en pesetas e céntimos. “Ultima existencia del año anterior 85 pesetas, 15 céntimos. Percibido de los cofrades de dicha cofradía 30 pesetas” (46).
A asociación do Santísimo tivo un mordomo ou administrador, que tiña como misión recadar as tarxas dos confrades de ámbalas dúas parroquias e de administrar a confraría (47). As cotas aportadas polos confrades permitían ó mordomo realiza-los seguintes actos de carácter relixioso.
1º. Procuraba que a lámpada do Santísimo estivese sempre iluminada, tanto de día como de noite. O aceite, que necesitaba a lámpada, mercábao co importe das tarxas ou ben de caridades recibidas de fregueses. “El aceite que se gastó en la lámpara se ha comprado aveneficio de caridades” (48).
2º. Anualmente organizaba unha función ó Santísimo na parroquia de S. Pedro de Martul. Nela participaban inicialmente cinco cregos, incluído o párroco, que recibían un estipendio de tres reais con carga de misa, agás o párroco, que cobraba catro pola misa solemne. Co paso dos anos o número de cregos foi variando, así como a remuneración que recibían por celebrar a misa e confesar ós fregueses. “50 rs., que recibieron seis señores sacerdotes que asistieron a la función del Corpus...cada uno con su carga de misa” (49). “Son data setenta y seis reales que llevaron siete señores sacerdotes por asistir a la función religiosa” (50). “Son data ochenta y seis reales que costó la función religiosa a la que asistieron ocho señores sacerdotes” (51).
3º. Pagaba a cera da función do Santísimo e a que se empregaba no Viático. “Dos libras de cera blanca para la función y administraciones del Santo Beatico a los enfermos...” (52). “...Item treinta y nueve reales que costaron cuatro libras y media de cera blanca para acompañar al Señor cuando se lleva a los enfermos...” (53).
4º. Aportaba doce fachas para o enterro dos confrades. “ Item ciento cuarenta y ocho rs. que costó medio juego de hachas para las defunciones de los cofrades” (54).
A confraría desde o seu inicio sempre tivo beneficios, dos que respondía inicialmente o mordomo (55), logo o depositario (56) e finalmente o párroco (57).
Finalmente as contas anuais da confraría son aprobadas mediante a firma polo párroco, o mordomo e o depositario da confraría. “Y para que conste firma conmigo el Mayordomo Antonio Carvallido...” (58). “...y para que conste lo firmo; no lo hace el depositario por no saber y lo hace el Mayordomo” (59). Ás veces son ratificadas só polo (60). párroco. “ Y como párroco de dichas Iglesias la firmo en Martul a 7 de Julio de 1910”

2.- A CONFRARÍA DA VIRXE DO ROSARIO
A confraría do Rosario foi ratificada por Fr. Pedro Ponce, mestre en Sagrada Teoloxía e prior do convento de Sto. Domingo de Lugo, no ano 1761, sendo párroco D. Domingo Antonio. “Fr. Pedro Ponce, maestro en Sagrada Teología y prior de este convento de Sto. Domingo de Lugo, por facultad y privilegio de la Silla apostólica anexa a mi oficio confirmo la cofradía del Santísimo Rosario, sita y fundada en la parroquial de S. Pedro de Martul con todas las indulgencias y privilegios espirituales que tiene: admito por cofrades de dicha cofradía a todas las personas hasta aquí escritas por sus nombres en este libro y a los demás que en adelante se escribiesen; nombro por abad y capellán mayor de la referida cofradía a D. Domingo Antonio cura beneficiado de dicha parroquia y le comunico la facultad de bendecir rosarios, velas con indulgencias para la hora de la muerte, de admitir cofrades escribiendo de propio puño a los que lo pidiesen con sus nombres y apellidos en este libro” (61).
Os confrades (62) pagaban ó principio unha tarxa (63) de cuatro cuartos (64) ó mordomo da confraría. A finais da primeira década do século XIX comezaron a pagar unha tarxa en especie, consistente nun ferrado de centeo, agás algúns que pagaban medio ferrado quizais por motivos de tipo económico ou familiar. “Memorial de los Cofrades de la Virgen del Rosario y quentas liquidadas, con Domingo Lopez y Benito de Prado, del lugar de Martul...D. Benito Gaioso pagó un ferrado de centeno, Domingo Vibero, pagó un ferrado, Fernando Díaz, pagó un ferrado, Juan González, pagó medio ferrado...” (65).
Finalmente a comezos do século XX empezaron a pagar unha cota en pesetas e céntimos, que aparecía especificada a nivel colectivo. “ Percibido de los cofrades de dicha cofradía durante dicho tiempo 108 pesetas” (66).
No século XVIII e parte do XIX a confraría tivo un mordomo, que tiña como función recadar as tarxas dos confrades e de planificar os diversos actos da asociación (67). A finais da primeira década do século XIX aparece o arrendatario, que tiña como misión non só arrendar as tarxas en especie, que entregaban os confrades, senón tamén encargarse da administración da asociación. “José Latas, arrendatario de los ferrados que tiene esta cofradía. Tarjas: cinco fanegas y ferrado y medio que se han cobrado en el presente año que a razón de 101 rs. y medio fanega, resulta un total de 580 rs. 4 mrs” (68). Nestas datas tamén xorde a figura do depositario, que se encarga de gardar os cartos da confraría. “De cuia cantidad se obliga al depositario Francº Quijada, vecino de Cartel, a pagarlos con su persona y bienes avidos y por a ver, cuando sea necesario...” (69). “ El día veinte y dos de Julio del año de 1804 entregué a Miguel de Viveiro, como depositario de la Virgen del Rosario, quinientos doce rs...” (70).
As tarxas aportadas polos confrades permitían ó administrador ou mordomo da confraría levar a cabo unha serie de actos relixiosos, proporcionar unha cantidade de cera ós confrades defuntos e realizar unha serie de gastos ligados ó mobiliario relixioso.

1º.- ACTOS RELIXIOSOS
1.1. Celebración dunha función relixiosa o dous de xullo co gallo da festividade da Nosa Señora. Esta función trasladouse á primeira dominica de outono no ano 1762.
“En este año, con acuerdo de los hermanos de esta cofradía y aprobación del Director capellán de ella se trasladó la fiesta principal a la dominica primera de Octubre que es en toda la universal Iglesia la festividad principal del Stmo. Rosario” (71). Esta función relixiosa celebrábase por tódolos irmáns da confraría, tanto vivos como defuntos. “18 rs., que se gastaron en la función para hermanos vivos y defuntos” (72). Nesta función relixiosa participaban habitualmente cinco cregos, que recibían unha remuneración económica polo seu labor, consistente na confesión dos fregueses, e celebración da misa solemne e posterior procesión. “Da en data dicho Jose Testa, la limosna de cinco señores sacerdotes, que asistieron a la confesión, misa cantada y procesión el dia cuatro de octubre de dicho ano, cada uno con carga de misa. Cuarenta y dos rs...” (73). Nalgúns anos esta función foi concelebrada por catro (74) , seis (75) , sete (76) e nove cregos (77).
1.2. No ano 1907 realizáronse catro funcións relixiosas: unha misa solemne co gallo da
festividade da Virxe do Rosario e tres nas vésperas das festividades da Asunción, Concepción e Natividade.
1.3. Desde o ano 1911, celebrouse, durante varios anos, unha función relixiosa polos confrades defuntos o véspera da Inmaculada, e unha misa solemne o día da Inmaculada.

2.- APORTACIÓN DE CERA
A familia do confrade recibía a cera para o seu enterro, consistente normalmente en doce fachas. “En veinte y tres de Nobiembre de 1807 se han comprado doce hachas para esta cofradía que pesaron treinta y una libra que a precio de veinte y un rs., importan seiscientas cinquenta y un rs...” (78). “...11 rs., por libra de cera blanca para las defunciones de los hermanos” (79). “Se le revajarán al depositario Francisco Quijada 377 rs., que costaron doce fachas, que pesaron 29 libras y cada libra a trece rs...” (80). A cera tamén se empregaba para o culto da Virxe do Rosario. “...12 rs., y medio que costó una libra de cera blanca para el culto de la Virgen...” (81).

3.- GASTOS VINCULADOS Ó MOBILIARIO RELIXIOSO
No ano 1812 Manuel Adrián pintou o altar da Virxe do Rosario por mil douscentos cincuenta reais. No 1815 o mordomo da confraría mercou un crucifixo de metal para o altar da Virxe por trinta reais. No 1862 comprou un vestido para a Virxe, que custou douscentos cincuenta e oito reais. No 1894 mercou por seiscentas oitenta rs. un pendón e un estandarte para as procesións das festividades da Virxe. No 1909 construíuse o retablo da Inmaculada de Martul por douscentos trinta reais.
A confraría desde o seu inicio sempre tivo beneficios, dos que respondían nun primeiro momento, como vimos, o mordomo e logo o depositario. Ámbolos dous exercían postos dunha importante responsabilidade na confraría. ”Realizadas las cuentas de los ingresos y gastos de la cofradía del Rosario en el año de mil novecientos treinta y uno resultan a su favor veintitrés pesetas con setenta y cinco céntimos, cuya cantidad obra en poder de Julio Fernández como depositario y vecino que es de esta parroquia de Martul” (82).
Finalmente as contas da asociación eran revisadas inicialmente polo párroco e logo periodicamente polo visitador da diocese, que recibía un estipendio pola súa tarefa.
“Da en data seis rs. que llevó el Señor Visitador por el libro de dicha cofradía” (83).

II.- AS MISIÓNS PARROQUIAIS
En case todas as igrexas parroquiais hai unha ou máis cruces misioneiras de mármore ou de madeira, na que está gravado o nome da orde, que celebrou a misión, e a data, na que tivo lugar. Nesta parroquia hai unha cruz misioneira, situada na fachada da igrexa, pola que temos referencia da existencia dunha misión dada polos P. Franciscanos en agosto de 1920.
A misión duraba dous ou máis días, nos que se concentraba unha intensa práctica litúrxica. Tiña un sentido polivalente:

1º. SENTIDO FESTIVO
Os días da misión non se adoitaba traballar, polo que as mozas tiñan a oportunidade de ir á misión para coñecer mozos doutras comunidades parroquiais. Este contacto extra-parroquial só era posible nalgunhas feiras e festas.

2º. SENTIDO DE INTEGRACIÓN
Os fregueses das comunidades veciñas viñan normalmente á misión, precedidos polo párroco e por dous fregueses, que portaban a cruz e o pendón parroquial; outros levaban en andas a imaxe rectora da parroquia, que ía presidir, coas doutras freguesías, os diferentes actos da misión.

3º. SENTIDO RELIXIOSO
A misión tiña como finalidade a aprendizaxe dalgúns conceptos doutrinais por medio do medo e da inquietude, que producían entre os asistentes as diferentes pláticas dadas polos predicadores, que falaban en demasía da morte, dos perigos do inferno e da necesidade do arrepentimento.

4º. SENTIDO PROPAGANDÍSTICO
Ademais da mensaxe de renovación espiritual, os predicadores traían consigo a devoción da súa orde por medio de estampas, gravados, efixies etc. Así os pasionistas traían a devoción á Paixón de Cristo, os redentoristas á Nosa Señora do Perpetuo Socorro, os franciscanos á S. Francisco de Asís etc.

III.- AS FESTIVIDADES RELIXIOSAS
Na actualidade celébranse dúas festas coa súa dobre connotación relixiosa e profana: a do S. Pedro e a do Bieito. A do S. Pedro realizábase o 29 de xuño, mais, nestes últimos anos, a comisión de festas trasladouna para outra data máis axeitada (84).
Como actos relixiosos máis representativos hai que distinguir os seguintes: a misa solemne, que celebra o párroco de S. Pedro de Martul despois do mediodía. Logo ten lugar unha comida no campo da festa, na que participan os veciños da parroquia, acompañados dos seus familiares máis próximos. Este último ano (85) fíxose ademais unha fogueira ó coincidir a data da festa coa véspera do S. Xoán.
A festividade do S. Bieito conmemórase o terceiro sábado e domingo do mes de xullo. Nambolos dous días levanse a cabo unha serie de actos relixiosos e profanos. Entre os primeiros distinguimos a misa solemne, que celebra o párroco da freguesía (86). Logo sae a procesión, que percorre o perímetro da igrexa, presentando a seguinte disposición con respecto ós seus elementos.
A.- A cruz e o pendón parroquial son levados por dous fregueses da comunidade.
B.- A imaxe do S. Bieito é portada en andas por catro mulleres da freguesía.
C.- A imaxe do S. Pedro e levada en andas por seis homes da parroquia.
D.- O párroco.
E.- A orquestra e os devotos en xeral, colocados sen distinción de idade e sexo.
Segundo a disposición da procesión ÁLVAREZ GASTÓN distingue unha serie de características:
“Se trata de manifestaciones más multitudinarias no sólo por los participantes activos, sino también por los numerosos espectadores. Dentro de la comunidad local, es algo que llega vitalmente a los feligreses. Los elementos fundamentales de toda procesión son: las imágenes, la forma de llevarlas, el pueblo que participa y el que mira, el espíritu de la celebración –cantos, rezos, silencio...” (87).
A procesión ten como finalidade sacar ó exterior as imaxes sagradas, que santifican todo o entorno xeográfico. “Dando una vuelta alrededor del santuario, la imagen santa o la reliquia sacralizan no sólo a las personas y a los animales, sino también a todo el entorno geográfico” (88).
Ó rematar a procesión un fregués da parroquia, chamado José López Saavedra da “Casa do Farruquiño”, é o encargado de “poñe-lo santo”, ritual que consiste no seguinte: o poñente, cunha imaxe pequena do S. Bieito, fai unha cruz por riba das cabezas dos devotos, que bican a imaxe e deixan unha esmola, mentres o poñente recita a seguinte xaculatoria:
“S. Bieito glorioso. Amén.”

Por outra banda os ramistas (89) planifican a festa profana do seguinte xeito:
A.- Mercan unha importante cantidade de foguetes, que lanzan nos seguintes intres: na véspera da festa para anunciala; polas mañá cedo; no acto da consagración da misa solemne; ó saír a procesión e finalmente ó comezar e rematar as diferentes actuacións das orquestras.
B.- Normalmente contratan un grupo de gaiteiros e dúas orquestras. Os gaiteiros percorren os lugares máis importantes da comunidade parroquial, tanguendo unha serie de pezas populares. Pola contra as orquestras, ó rematar a procesión, tanxen unhas pezas do seu repertorio, no que se coñece actualmente como “sesión vermú”, para completalo logo ó anoitecer.
C.- Nos anos 2000 e 2001 a comisión, axudada por persoas ligadas á parroquia, realizou unha exposición fotográfica, na que se amosaban diferentes vivencias do pasado desta comunidade (90).
O santo, elemento fundamental da festa, é o símbolo da comunidade. Preside formas sociais particulares, modos locais de convivencia y reciprocidade, experiencias cotiás de traballo e ocio, vivencias acumuladas de crise y sufrimento... (91). A festa é a manifestación da identidade da comunidade, da cohesión como grupo, que se mostra fronte a outras comunidades, tentando superalas na organización das súas festas .
“Cada fiesta es la expresión de identidad de la comunidad y también de su unidad” (92).
Tamén úsase como elemento de comunicación do grupo comunitario por medio do baile e do xantar “...a la fiesta profana, centrada en el baile, asistirán los invitados de las distintas casas, así como los que, sin ser invitados (sobre todo jóvenes) quieran acudir” (93).
Finalmente a festa convertese nun xeito de liberar a sensibilidade, xa que é o intre no que se tolera a ruptura das normas e regras, que presionan e reprimen o comportamento dos membros dunha comunidade. “ La fiesta marca el paso de un año a otro y, para efectuar este paso, está siempre tentada de decretar una inversión de las concepciones y de las conductas de la vida corriente, de las que sale durante la fiesta, para poder volver a entrar renovado y cambiado” (94) (95).
Aparte destas notas bibliográficas hai unha serie de obras que falan dos aspectos artísticos da igrexa parroquial de Martul:

BIBLIOGRAFÍA
- Yzquierdo Perrín, Ramón.: La Arquitectura Románica en Lugo, Fundación Pedro Barrié de la Maza, páxs. 216-217, 1983, La Coruña.
- Rielo Carballo, Nicanor.: "S. Pedro de Martul", en Gran Enciclopedia Gallega, T. 20, páx. 164, Silverio Cañada, Gijón, s/a.
- Valiña Sampedro, Elías.: Martul. Outeiro de Rei, en Inventario Artístico de Lugo y su provincia, T. IV, páxs. 77-79, Madrid, 1980.
- Vázquez Saco, Francisco.: Iglesia Parroquial de S. Pedro de Martul, Papeleta 129, T.V, Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo, Diputación Provincial de Lugo, 1953 páxs. 56-58.
- Libro de confrarías e de fábrica da parroquia de Martul.

NOTAS
32. O Código do Dereito Canónico, cáns. 707-708.
33. Cacheda Vigide, Eduardo-Aurelio. La religiosidad popular en Galicia. El municipio de Arzúa. Santiado: Edicións e Deseño, S.L, 1991, páx.. 318.
34. Escalera Reyes, Javier. “Hermandades, religión popular y poder en Andalucia”, en la Religiosidad popular III. Hermandades, romerías y santuarios, C. Álvarez Santalo, María Xesús Buxo y S. Rodríguez Becerra (coords.), Anthropos, Barcelona, 1989, páx. 459.
35. Maldonado, Luís. “Para coprender el Catolicismo popular”, en Cofradías y Hermandades, Ed. Verbo Divino, Estella (Navarra), 1990, páx. 87.
36. Escalera Reyes, Javier. Ob. cit., páx. 460.
37. López Ferreiro, Antonio. Los Fueros Municipales de Santiago y su tierra, T.I, Santiago, 1985, páx. 359.
38. Cacheda Vigide, Eduardo-Aurelio. Ob.cit., páx. 320.
39. Ibidem, p. 320.
40. En Andalucía hainas tamén pechadas e horizontais.
41. Fraguas, Antonio. Palabra “Corpus”. G. E. Gallega, T. VII, Santiago, Silverio Cañada, páx. 160.
42. A tarxa era a cota que se pagaba nas confrarías. O cuarto era o nome que se daba as moedas de catro maravedís. Pola súa banda o maravedí era unha moeda española de conta, que equivalía á trixesimocuarta parte do real de vellón. O real de vellón tiña unha unidade de prata de 1,31 grs.
43. Cofradía del Santímo Sacramento, en .Archivo Central Diocesano Parroquial, Obispado de Lugo, Arciprestado de Narla, Parroquia de Martul y Aspai.
44. Cofradía del Santísimo Sacramento. Ano 1849.
45. Ibidem. Ano 1887.
46. Ibidem. Ano 1910.
47. Algúns mordomos da confraría foron: Domingo de S. Xillao (1740), José de Latas (1770), Fernando de Forca (1771), José López ( 1810), Antº Carballido (1849) etc…
48. Cofradía del Santísimo Sacramento. Ano 1810.
49. Ibidem. Anos 1855, 1870, 1873.
50. Ibidem. Ano 1902.
51. Ibidem. Ano 1900.
52. Ibidem. Ano 1848
53. Ibidem. Ano 1902.
54. Ibidem. Ano 1902.
55. “Suma la data veinte y dos rs.(reales) con diez y seis mrs.(maravedís) que rebajados quedan a favor de la Cofradía y en poder del mayordomo treinta y cuatro rs. con treinta y dos mrs. que juntos al final hacen ciento sesenta y tres rs. y dieciocho mrs. (Ano 1788)”.
56. “En tres de octubre de mil ochocientos once entregué a Fernando Díaz como nuevo depositario del Santísimo...58 rs. y 6 mrs”. Como depositarios da confraría do Santísimo podemos citar no secúlo XIX, entre outros, ós seguintes: Francisco Lorenzo (1809), Fernando Díaz (1811-26), Domingo Losada (1850-55) etc…
57. “Importan los gastos habidos en dicha cofradía la cantidad de setenta y cinco pesetas que deducidas de los ingresos sesenta y tres con quince céntimos resultan a favor del cura D.Federico Vivero la cantidad de doce pesetas menos quince céntimos (Ano 1916)”
58. Cofradía del Santísimo Sacramento. Ano 1850.
59. Ibidem. Ano 1855.
60. Ibidem. Ano 1910.
61. Cofradía del Rosario, en Archivo Central Diocesano. Obispado de Lugo. Arciprestado de Narla. Parroquia de Aspai y Martul. Libro nº IV, 1720-1931, páx. 27.
62. A confraría era pagada polo home, quedando os demais membros da unidade familiar incorporados ós seus beneficios.
63. Cota que se pagaba nas confrarías.
64. O cuarto era unha moeda , que equivalía a catro maravedís.
65. Cofradía del Rosario. Ano 1848, páx. 67.
66. Ibidem. Ano 1907, páx. 120.
67. Alguns mordomos neste periodo foron: Manuel Gaioso (1777), Luís Meilán (1787), Miguel Vivero (1795), Domingo Arias (1801), Antonio de Bustas (1802), Pedro Losada (1803), José González (1804), Juan Gómez (1805), Juan Dorado (1807), etc…
68. Cofradía del Rosario. Ano 1811.
69. Ibidem, páx. 71.
70. Ibidem, páx. 38.
71. Ibidem. Ano 1762, páx. 28.
72. Ibidem. Ano 1811, páx. 45.
73. Ibidem. Tódolos anos, agás excepcións, interviñan na función relixiosa cinco cregos.
74. Ibidem. Anos 1815 e 1872.
75. Ibidem. Anos 1832 e 1845.
76. Ibidem. Ano 1898.
77. Ibidem. Ano 1837.
78. Ibidem, páx. 40.
79. Ibidem. Ano 1887, páx. 103.
80. Ibidem. Ano 1854, páx. 78.
81. Ibidem. Ano 1877, páx. 97.
82. Ibidem. Ano 1931.
83. Ibidem. Ano 1854, páx. 74.
84. No ano 2001 a festa do S. Pedro celebrouse o 23 de xuño, véspera do S. Xoán.
85. No ano 2001.
86. Algun ano estivo acompañado dalgun crego , párroco de varias freguesías.
87. Álvarez Gastón, Rosendo.: La religiosidad popular, Cuadernos BAC, Madrid 1981,p7.
Álvárez Gastón, Rosendo.: La religión del pueblo, B. A. C., Madrid, 1976, páxs. 90-91.
88. Mariño Ferro, Xosé Ramón.: Las Romerías / Peregrinaciones y sus símbolos, Ed. Xerais de Galicia, Vigo, 1987, páx. 175.
89. Son as persoas , que organizan as festas dunha parroquia. No ano 1999 os ramistas foron: Pedro Quijada Maques e José Luís Losada Díaz. No 2000, Alberto Abad Meilán, Luís Fernández Lodeiro, e Eliseo Real Blanco e no 2001 a asociación de vecinos Miño e Ladra de Martul..
90. Na actualidade a asociación de vecinos de Martul ten a idea de celebrar esta exposición de fotos tódolos anos.
A ampliación das fotos das dúas exposicións , levadas a cabo nos anos 2000 e 2001, foron realizadas por D. José Ángel Castedo Meilán.
91. Lisón Tolosana, Carmelo.: Antropología social y hermeneútica, Fondo de Cultura Económica, Madrid, 1983, páx. 60.
92. Pitt Rivers, Julián.: “ L´identité locale vue á travers la fête”, Coloquio Hispano-Francés, Culturas populares. Diferencia. Divergencias. Conflictos, Universidad Complutense , Madrid, 1986, páx. 19.
93. Fernández de Rota, J.A,: Antropología de un viejo paisaje gallego. Centro de Investigaciones Sociológicas, S. XXI, Madrid, 1984, páx. 259.
94. Pitt Rivers, Julián,: Ob. Cit., páx. 19.
95. Os mapas dos artigos I e II sobre a parroquia eclesiástica de Martul (Outeiro de Rei) foron realizados polo delineante José Cancio Fernández.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES