Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

19 distincións de 'Trapeiro de Honra 2014'

sábado, 27 de diciembre de 2014
"Os Vilares, lareira de soños" destaca 19 persoas ou colectivos pola súa relación coa parroquia.
Despois de ter destacado a Díaz Castro como "Trapeiro de Honra 2014", agora nomean a outros 19 persoeiros, colectivos, lugares ou iniciativas. Entre elas atópase Jaki Quintela, autor do poemario "Delta" que verá a lugar a comezos do 2015 editado por Xermolos.

'Os Vilares, lareira de soños' fixo pública a listaxe de vilaregos e vilaregas destacados neste 2014, ano dedicado ao poeta do Vilariño Xosé María Díaz Castro.
19 distincións de 'Trapeiro de Honra 2014'
Precisamente o escritor xa recibira a distinción de "Trapeiro de Honra 2014", un galardón creado por este proxecto parroquial que pretende recoñecer, cada ano, a un vilarego ou vilarega que teña destacado nalgún ámbito.

A listaxe de persoeiros destacados este ano increméntase coas figuras de Pilar Losada Paz, veciña dos Vilares de 108 anos e residente en Euskadi; e Segundo Pérez López, nomeado Deán da Catedral de Santiago.

Tamén destacan a Xosé Antón Cascudo, como mellor cineasta, por 'O instante eterno' e Jaki Quintela, como mellor traballo literario, por Delta, un poemario que verá a luz na primeira quincena de xaneiro editado por Xermolos. E, no caso de mellor artigo xornalístico, nomean a Man Castro, por "De Lazos e perfís", pola súa identificación coa parroquia e os seus antepasados vilaregos.

A distinción como mellor valedor dos Vilares no exterior, grazas aos seus traballos sobre Díaz Castro, é para Armando Requeixo; e o mellor discurso recae, segundo 'Os Vilares, lareira de soños' en Xulio Xiz pola Romería Labrega da Chaira; mentres que a mellor composición musical consideran que foi "Pedro Trapeiro", de Fuxan os Ventos, e a mellor cantante, Arantxa Álvarez da Orquesta Os Satélites.

Noutro eido, destacan a Joserra Quintela como mellor deportista polos destacados triatlóns e probas de resistencia realizadas. Tamén á Asociación Cultural Xermolos pola campaña de restauración da casa de Díaz Castro.

Por outra iniciativa, cren que merecen distinción as rapazas de Pena Fachada, Amparo e Carmen, pola súa explotación. María Teijido é nomeada na categoría de "mellor persoa moza" pola súa grande identificación cos Vilares. E tamén destacan o anticuario dos de Xacobe como mellor empresa pola superproducción cinematográfica "Exodus" e o "lugar do ano", O Vilariño.

No eido cultural cren que a mellor organización dun evento foi desenvolta pola comisión de festas da Pascua sobre as que tamén destacan o roteiro de Díaz Castro impulsado no seu seo como "mellor evento cultural"; aínda que tamén lembran a XXIV Romería Labrega da Chaira como "mellor evento tradicional".

"Poderían ser outros e máis, pero prometemos facer unha listaxe cada ano", manifestan os responsables do proxecto encabezados por Pastora Veres que nesta ocasión considera merecedor da distinción de "personaxe da Historia dos Vilares", a pesar de ter mantido relación con moitos veciños e veciñas durante a preparación do libro e documental, ao señor Pedro de Patricio, o Trapeiro.
19 distincións de 'Trapeiro de Honra 2014'
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES