Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os trapeiros, apalpadores, reis...

miércoles, 31 de diciembre de 2014
Os Reis Magos, o Papá Noel, o Santa klaus, todos importados de culturas de fóra e cecais Os reis con máis tradición pola cultura cristiana imperante no occidente, pero a cultura comercial fai tambalear tradiccións en funcion de intereses económicos que nin os monarcas resisten por moi magos que sexan...
Os trapeiros, apalpadores, reis...
Recuperar a tradición sempre está ben, poñer en valor e fomentala mellor, e o Apalpafor parece consolidarse como unha alternativa ao colonialismo exterior, emerxe cómo unha figura autóctona e agarimosa, con imaxe propia.

Apoio o Apalpador nacido das cumes do Courel, ese Carboeiro sanador...

E dito esto, na Chaira, temos o noso propio apalpador, a nosa figura admirada e redentora, sanadora e simbólica, agardado, traedor de novas, agasallos, novidades, alegrías, contador de contos e de utensilios de valor e de alegría: o Trapeiro, e concretamente o Trapeiro dos Vilares.

Ese trapeiro que era curandeiro, proveedor de materiais que.melloraban a calidade de vida, novas no illamento, barbeiro, furafor de orellas, xoguetes para os cativos e acompañado dun burro que cumpría máis e mellor que ningún reno coa función desta encomenda de felicidade.

Para min, o Apalpador, o Trapeiro, representan o mesmo, pero como chairego dinme moito os trapeiros e na tradición da Chaira aínda é recente a memoria desta figura que recorreu aldeas de Galiza e que foi cantada por poetas e músicos, Marica Campo, Luis Foxo ou Fuxan os Ventos en concreto coa figura representativa de Pedro Trapeiro.

Ben puidera ser un carboeiro, un trapeiro, ou outro oficio humilde, itinerante, que levara aos fogares esas novidades e alegrías tan escasas en tempos, pero en calquer caso, dos nosos, do país, e para min na Chaira, o meu Noel, o meu Klaus, o meu Rei, o meu Apalpador é o Trapeiro, e porque non, Pedro Trapeiro...
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES