Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os penedos dos Vilares

lunes, 29 de diciembre de 2014
Guitiriz é coñecida paisaxísticamente por características semellantes a outras paisaxes chairegas, pero vinculada tamén especialmente á auga e ás súas cualidades curativas (non son casualidade os seus Os penedos dos Vilareshistóricos balnearios) e a paisaxe dos seus ríos e numerosos muíños. E a pedra, a pedra granítica. Esas paisaxes son comúns tamén aos Vilares, pero nesta parroquia a pedra cobra un protagonismo especial polas características especiais que non se dan en parroquias colindantes.

Sen dúbida, eses enormes penedos repartidos polo territorio dos Vilares con formas imposibles, como xurdidos caprichosamente do fondo da terra teñen unha explicación científica que explique o porqué da súa existencia nos Vilares é non nos arredores que eu descoñezo, pero en calquera caso, non deixa de impresionarme.

Algunhas, como a Pena de Roldán, deu lugar a lendas, outras como a Pena das Grallas a gravados artísticos e outras como a Pena Grande e outras moitas a numerosas fotografías impresionantes.

En tempos foron refuxios naturais de pastores e gando e algunhas abrigo de vivendas e lugar de vixilancia pola súa altura. Outras acolleron muíños ao seu carón cómo no muíño de Antón...
Os penedos dos Vilares
Un dos lugares da parroquia chámase A Pena, outro A Pena Fachada, o que da unha idea da interacción histórica directa desta parroquia con este elemento da natureza tan identificativo da parroquia na que canteiros e artistas traballaron nese granito que asuma exultante na paisaxe chairega dos Vilares, a parroquia dos Penedos.

Ao igual que outras rutas, unha ruta pola paisaxe dos penedos dos Vilares diazcastrianos, sería inmensamente atractiva e saudable, ademáis de aportar outro atractivo turístico.

Mentras, algúns privilexiados, seguiremos disfrutando desa impresionante doazón da natureza nos Vilares.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES