Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cascos vellos

miércoles, 24 de diciembre de 2014
Leo no xornal do sábado que o casco vello de Ribadavia experimentou unha ralentización -un frenazo, creo que dicía a noticia- no seu proceso de recuperación promovido polo Concello gracias ás axudas para a rehabilitación de vivendas nestes lugares financiadas pola Unión Europea, o Ministerio e a Xunta.

Leo iso e, consciente como son de que o que lle ten acontecido a Ribadavia e mal padecido tamén por outros lugares dotados de cascos vellos en Galicia, volve sobre min unha teima moi vella á que nunca lle din conseguido unha resposta coherente por máis que me teña tratado de documentar ó respecto.

Como é ben sabido, vai xa para preto de dúas décadas que determinadas localidades, digamos históricas, de Galicia (en Ourense deben ser arredor de media ducia) teñen sido beneficiadas coa dotación dunhas oficinas técnicas que veñen xestionando anualmente a posibilidade de que os propietarios de vivendas situadas nos seus cascos históricos poidan levar a cabo proxectos de rehabilitación dos seus edificios conseguindo para elo unha serie de axudas económicas que nun principio foron certamente vantaxosas para aqueles propietarios que o solicitaron, pero que ano tras ano foron minguando paseniñamente ata conseguir o marchamo de residuais e que no caso concreto de Ribadavia (nos outros lugares ven a ser o mesmo) ten sido fixado por Concello e empresarios do sector dedicados á rehabilitación de edificios, máis ou menos, nunha reducción do 50 % no curto período de tres anos.

Pois ben, máis alá da merma das subvencións provocada loxicamente pola situación económica das distintas administracións, a min sempre me pareceu -incluso na etapa máis álxida das vacas gordas- un contrasentido que o programa de mellora dos cascos históricos contemplase unicamente a cofinanciación de proxectos destinados a rehabilitación de espazos habitables e en ningún momento se permitise a axuda para a rehabilitación de espazos comerciais neses mesmos edificios, de forma -poño por caso- que se vostede fose propietario dunha vivenda na Praza Maior da miña vila e quixese desenvolver un proxecto de vida (habitable e comercial) nesa vivenda, pero tan só tivese presuposto para unha das dúas opcións, tería que decantarse por realizar a reforma na planta superior (subvencionada) e deixar para mellor ocasión o proxecto comercial, cando a lóxica leva a pensar precisamente o contrario, pois de pouco vale ter onde vivir se non se ten con qué vivir ou as circunstancias obrigan a un a traballar noutro lugar ben diferente ó que lle serve a un de residencia.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES