Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un día especial

jueves, 25 de diciembre de 2014
¡Que axiña pasa o tempo!
Xa estamos no mes de nadal, un mes moi especial en todo o mundo cristián porque tal día coma hoxe tivo lugar un acontecemento que removeu e segue removendo moitas conciencias.

Nun principio empezou sendo algo misterioso que logo deu lugar a un movemento relixioso que ó longo dos anos tivo moitos altos e baixos; e aínda é hoxe o día que segue representando un acontecemento fundamental na vida cristiá.

Somos moitas as persoas que cremos nunha forza superior que chamamos DEUS que por amor ó ser humano decidiíu enviarnos ó seu Fillo Unixénito ó mundo para demostrarnos por derradeira vez, o seu infinito amor; permitindo entrega-la súa vida en remisión polos nosos pecados.

Moitas somos as persoas que conservamos os valores do Nacemento de Xesús no Portal de Belén e cada 25 de decembro é para nós un día de intensa unión familiar en torno ó Neno Deus.

Certo que co gallo de tal acontecemento cadaquén quere agasallar ás persoas máis próximas e moitas veces fanse abundates regalos sobre todo de cousas materiais.

Non senta nada mal recibir regalos de tipo material pero aínda sería moito máis importante que nos regaláramos tempo, compañía, amistade, servicialidade e –sobre todo- amor.

Matámonos a gañar cartos para comprar regalos materiais que caducan un día ou outro e non adoitamos a facer o mesmo cos regalos de tipo afectivo e espiritual que non teñen data de caducidade e que son sen lugar a dúbidas dos que máis necesitados estamos.
¿Equivócome?

¿Qué prefire vostede: un regalo material, un abrazo, compañía ou amor?
Se me preguntaran a min contestaría que todo fai falta; pero se me dan a escoller quédome co amor.

E como estamos en datas moi significativas para o mundo cristián; entendo que do que máis necesita o mundo de tódolos tempos é de amor cristián. Dese amor que nos fala de amar a Deus sobre tódalas cousas e ver nos outros una imaxe e semellanza ó mesmo Deus de quen todo procede.

Por eso quixen dedicar unhas palabras de agradecemento a cantas persoas nos precederon celebrando un nadal en comunión co misterio do Portal de Belén e en harmonía familiar aínda que escasearan os regalos e as lambetadas. Para todas elas o meu grato recordo.

E para as de hoxe en día que representan un arco moi heteroxéneo, que non lles falte o esencial: o amor.
¡Bo Nadal!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES