Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A grandeza do sinxelo

miércoles, 24 de diciembre de 2014
Neste Nadal Ikea chámanos cun anuncio titulado “La otra carta”, que reflicte a filosofía humanista coa que se desenvolve. O seu fundador Ingvar Kamprad é un exemplo de sinxeleza que viaxa sempre nos medio de transporte públicos máis económicos e mesmo leva unha vida moi humilde. Isto non tiña porqué sorprendernos pero o certo é a humildade non se estila moito en determinados ámbitos no noso país. Quizais por isto a filosofía de Ikea resulta especialmente rompedora e atractiva, sobre todo no que respecta ao coidado do benestar do traballador e na preocupación polo medio onde se inserta. Visitar Ikea resulta unha experiencia distinta na que temos a oportunidade de visualizar aquilo que queremos mercar na calor dun fogar.

Todo este corpus humanista parece querer saltar o ámbito empresarial para proxectarse na sociedade e faino desta volta cun anuncio no que se lle pide a un grupo de nenas e nenos que escriban dúas cartas: unha para os Reis Magos e outra para os seus pais. A primeira é un clásico do que pouco hai que dicir pero a segunda pon de manifesto que criar un fillo é estar e vivir con el o seu desenvolvemento. Todo pode volverse nada se falta a compañía dos pais.

Neste sentido os nenos piden que xoguen con eles, que lles lean contos ou que lles fagan cóxegas. Os nenos, sen sabelo, parecen turrar polos pais pregando o seu regreso ao asteroide B – 612 para que non perdan a vida. De novo a ledicia é hoxe e ten a forma dunha aperta. Isto é o que aprendeu unha nai á que o seu fillo lle pide que lle faga cóxegas. Os nenos veñen dicirnos que de todo o que teñen o único imprescindible é o amor dos pais, a súa compañía e a súa atención.

Na medida en que esta filosofía medre podería facer de cada fogar un espello do B – 612 que constrúa vida dende a emoción e procure o maior benestar para a persoa. Utopía? Non porque os nosos nenos dinnos co Principiño que “o esencial é invisible para os ollos” e que todo deixa de ter sentido sen o calor humano. Pois aprendamos con eles que na sinxeleza está a verdadeira saiba na que afondan as raizames da vida.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES