Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desde Xestoso a Marín

sábado, 20 de diciembre de 2014
O día 16 de decembro de 2014 a Uned Sénior de Xestoso, acompañada polo prpfesr Don Felipe Senén López, dirixiuse a Marín para visita-la Escola Naval Militar da citada vila pontevedresa.
O día era plomizo pero permitía divisar todo aquelo que o profesor nos ía Desde Xestoso a Marínexplicando para reforzar coñecementos adquiridos en visitas anteriores por aquela zona.

Entre outros:
-Que o Museo de Pontevedra é o do máis rico de toda Galicia.
-Que Montero Ríos velou por Galicia en Madrid e construíu un pazo en Lourizán decorado con cadros de Ovidio Murguía. Actualmente esta finca é propiedade da Universidade de Santiago.
-Que os reis Juan Carlos I e Felipe VI cursaron estudios na Escola Naval Militar que iamos a visitar e que fixeron as prácticas no buque escola “Juan Sebastián Elcano”.
-Que haí bibliografía que fala da procedencia galega de Cristobo Colón, da aldea de Porto Santo onde ten una casa que visitamos noutra ocasión.
-Que a illa de Tambo situada fronte á Escola Naval ten una extensión de máis de 241.000 metros cadrados e que a película “Botón de Ancla”, na que tamén interviña o “Dúo Dinámico”, se rodou por alí. (Uha parte do alumnado lembrábaa).
-Que o Colexio Sagrado Corazón (Placeres) era un colexio feminino de élite e a relación deste con José Luis Martín Vigil e o seu libro: “Y la vida me sale al encuentro”. A Martín Vigil tamén o coñecíamos algúns dos alí presentes.

Entrando en Marín observamos:
-Como a Casa do Concello luce o escudo de Oseira porque Marín dependía de Oseira.
-A escultura de mariñeiros entrelazados por una rede, obra de Manuel Torres, pintor e escutor natural de Marín.
-O complexo residencial anexo á Escola Naval Militar á man dereita, fronte á illa de Tambo, onde noutrora houbo un pequeno mosteiro destruido polo pirata Drake e onde se facían maniobras militares ata non fai moito.
-Un pouco máis adiante estaban de veciñas una igrexa católica e unha evanxelista que poñía o seguinte encima da porta de entrada: “Yo soy el camino, la verdad y la vida. Nadie viene al padre si no es por mi”.
-Un paisaxe cun micorclima especial onde medraban limoeiros, laranxeiras e outros vexetais propios dun clima mediterráneo.
-Xantamos fronte a una pequena illa na que houbo una ermida adicada a San Crimenso que fixeran no século XIV os que foran a Sevilla.
Á catro tiñamos a visita concertada na Escola Naval Militar de Marín onde nos recibiron:
-O Teniente de Navío: Don Antonio Barro, quen nos acompañou e nos guiou con moita cortesía polas distintas dependencias.
-E a Profesora da Escola Naval e da Uned Sénior de Pontevedra: Dona María José Manzanares, quen nos explicou maxistralmente a historia e a arquitectura do complexo, que cronoloxicamente foi segíu varios pasos:

A cousa comezou co Arcebispo Xelmírez, na Idade Media, co gallo de defenderse das invasións árabes, facéndose un baluarte defensivo.
Xa no século XVII coa chegada dos Borbóns, en tempos de Fernando VII constriuse un estaleiro.
En 1916 co Paln Mirandoa creáronse destacamentos militares en Marín, Vilagarcía e Vigo.
En 1920 aparecen problemas de finaciación para os estaleiros da Armada, pero Jaime Janer, tralada a escola de Tiro de Santa Pola a Marín, falecendo catro anos máis tarde.
Xa en 1937, foi o Xeneral Franco, a través de Salvador Moreno, por aquel entón Ministro de Mariña, cando se creou a Escola Naval Militar de Marín.
En 1938 o arqutecto Antonio Cominges Tapias comezou cos planos, pero foi interrompido polo Teniente de Enxeñeiros Fernández Sau e polo Capital da Armada, o catalán: Jaime Santomá que faleceu en accidente supervisando una obra; e foi nese momento condo retomou a obra o arquitecto Antonio Cominges.
Xa no interior do Patio de Armas puidemos observar as aulas que daban ó citado patio onde se encontra unh estarua de Asorey adicada a Don Álvaro de Bazán, Marqués de Santa Cruz, mariño de Felipe II.
Na parte posterior da escultura pódense ler uns versos de Lope de Vega que refiren as fazañas históricas da época, unha auténtica cruzada relixiosa en defensa do Catolicismo:
EL FIERO TURCO EN LEPANTO
EN LA TERCERA, EL FRANCÉS
Y EN TODO EL MAR EL INGLÉS
TUVIERON DE VERME ESPANTO.
REY SERVIDO Y PATRIA HONRADA
DIRÁN MEJOR QUIEN HE SIDO
POR LA CRUZ DE MI APELLIDO
Y POR LA CRUZ DE MI ESPADA.

Detrás do monumento a Don Álvaro de Bazán, na fachada do edificio posterior podían lerse: Honor, Valor, Disciplina, Lealtad que deben se-las virtudes da vida militar.
Saímos do patio de Armas para admirar a fachada principal que dá á Porta Principal onde se atopa a Torre do Reloxio.

A Profesora Dona María José Manzanares deunos as explicacións oportunas e a súa relación co Obradoiro.
A continucación dirxímonos cara ó comedor dos garda mariñas que tiña as mesas postas para cea. Unha pulcritude impoluta e unhas sillas de respaldo redondo daban idea de onde nos atopábamos.
Pero o máis significativo eran os percheiros da entrada ubicados nun recinto de paredes recubertas con mármore italiano que Musolini lle regalara ó Xeneral Franco.
Desde Xestoso a MarínUn pouco máis arriba atopámonos cunha Virxe do Carme, patrona da mariña esculpida por Asorey, dentro dunha venera, que mostraba a nai e o fillo con coroas nas que estaban esculpidos sendos escudos de España.
O Neno mostraba os brazos en cruz en relación á crucifixión que lle esperaba e das súas mans penduraban dous escapularios do Carme.
Por último despedímonos da amable Profesora que tivo que ausentarse e acompañados polo Teniente de Navío Don Antonio Barro, visitamos o Plano Histórico de Enseñanza, que viña a ser como un pequeno Museo cargado de historia.
E diante da porta agardábanos o remolcador María Pita.
Nesta escola hai neste momento 420 alumnos dos cales 10 son rapazas que corresponden a unha ou dúas por cada promoción.
Preguntado o Teniente polo máis emocionante da súa profesión dixo:
-“Navegar a vela”.
-“Navegar de noche”
“Compañerismo”
Este garda mariña sentíase como na casa porque é fillo e neto de marinos.
Tamén se lle preguntou pola impresión que lle causaba o xénero feminino na Armada e dixo que neste aspecto a Armada era do máis aberto do mundo mundial.
E para rematar una terceira apregunta:
-¿Qué estudios se precisan para acceder a esta escola?
-Bacharelato, unha selectividade alta e una gran preparación física.
Como caía a tarde, demos a visita por rematada despois de despedirnos con moita gratitude do Teniente que nos acompañou ata o mesmo auboús que nos levaría de retorno ó lugar de partida.
Foi una experiencia ben interesante.

Mercedes é alumna da Uned Sénior de Xestoso. Aula de Paderne (A Coruña).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES