Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Feijoo adianta

viernes, 03 de febrero de 2006
Aquí, o que non corre, voa. E os adiantamentos fanse pola esquerda, como corresponde á circulación rodada. Esto, se é que a palabra “esquerda” segue a significar algo desde o punto de vista político.

Agora están máis vixentes conceptos como “progresistas” e “conservadores”, entendendo como representativos de tales – por poñer exemplos correspondentes á nosa xeografía vital – ó PsdeG-Psoe e ó P.P., respectivamente. Pero ou as cousas non están de todo claras, ou evolucionan cunha rapidez que nos desorientan.

Foi o Psoe quen a escala nacional afrontou con decisión a unión matrimonial de dúas persoas do mesmo sexo. Quede anotado no seu “haber” político-contable. E o PP, reticente, como mínimo.

Pero agora que está en estudio a futura Lei de Dereito Civil, é o Partido Popular o que toma a iniciativa e solicita – coincidindo nesto co B.N.G.- a equiparación dos dereitos das parellas do mesmo sexo cos matrimonios tradicionais, establecendo ó efecto un rexistro de unións independientemente do sexo de cada quen.

Pide tamén o P.P., por boca de Núñez Feijoo, igualdade de obrigas diante da Lei, falando de relacións afectivo-sexuais cun talante que rebasa en moito a doctrina tradicicional do seu grupo, marcando diferencias coa etapa anterior e pretendendo, sen dúbida, un achegamento máis efectivo á realidade que nos rodea, e aportando á sociedade galega un mensaxe que pretende ser máis atractivo e realista.

Descoloca un pouco esta postura, que racha esquemas, e obrigará a tomar posturas tamén ben definidas ó resto dos grupos políticos que ven así “invadido” un espacio que coidaban da súa “propiedade”.

Feijoo adianta amplamente, velozmente, nesta carreira preelectoral permanente, onde moitas veces parece que “van coma tolos”, pero por unha vez parece que se poñen de acordo en declararse cada quen máis “progresista”.

Agardemos que este “progresismo” e posterior acordo non se quede só no terreo “afectivo-sexual” e se traslade a outros terreos nos que se precisa como auga de maio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES