Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os trapeiros dos Vilares xuntan a Marica Campo e Fuxan os Ventos

sábado, 13 de diciembre de 2014
Os Vilares, a parroquia do poeta Díaz Castro ao que se adicou o día das letras deste ano e que no vindeiro fará xa 25 do seu pasamento, ferve de actividade e propostas.

Un xoven poeta local, Jaki Quintela verá saír á luz un libro, DELTA, nos próximos días promovido pola A.C. Xermolos.

Os trapeiros dos Vilares xuntan a Marica Campo e Fuxan os VentosVarios audiovisuais viron a luz este ano arredor do poeta do Vilariño, e o proxecto 'OS VILARES, LAREIRA DE SOÑOS', achegase ao final do documentario, dirixido por Cibrán Tenreiro e a publicación da que é autora Pastora Veres.

Outras iniciativas como o premio Trapeiro de honra, web, e mesmo unha exposición de fotos históricas parabo vindeiro ano están en.marcha tamén vinculadas a este proxecto.

No traballo de campo de Pastora e Cibrán fixose unha importante recopilación de documentos, testemuñas, fotografías e entre eles un poema de Marica Campo do ano 1974 adicado ao Señor Pedro, o Trapeiro dos Vilares que viaxou polo Incio, Lóuzara e O Courel e que paraba na casa de Marica sendo ela unha cativa. O poema, escrito a máquina e con apuntamentos a bolígrafo de Marica e Margarita Ledo foi proporcionado polo neto do señor Pedro, Luís de Patricio.

A primeira idea foi musicalo, e quén mellor que os grandes, Fuxan os Ventos, para incluilo no documental.

Fuxan acolleu a idea con ilusión e Marica axudou en apuntamentos e correccións e esta mesma fin de semana foi entregado ese precioso romance xa gravado en estudio a Pastora Veres por Moncho e Tereixa.

Este tema estará incluido no documental na parte adicada aos trapeiros e formará parte do novo disco de Fuxan os Ventos. Ambos verán a luz nos primeiros meses do ano.

Os trapeiros son un símbolo dos Vilares, coñecida en tempos cómo a parroquia dos trapeiros e don Pedro, representa aos centos de trapeiros que contribuiron a sacar adiante as súas familias e a xerar na vecindade un espíritu emprendedor e de traballo que aínda se conserva no presente.

Don Pedro foi homenaxeado anteriormente polo director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Luís Foxo coa muiñeira de Pedro Trapeiro, e persoeiros como Marica Campo adicaronlle artigos e mencións destacadas en pregóns, entre os que destacan tamén os dous de Xulio Xiz na Romería Labrega da Chaira.

O proxecto Os Vilares, Lareira de soños, está a depararnos co pouco que sabemos aínda, agradables sorpresas cómo esta iniciativa e agardaremos ansiosos o libro, o documental e, como non, o romance de Pedro Trapeiro musicado por Fuxan os Ventos...
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES