Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Circuito Cultural por Coruña Capital

sábado, 13 de diciembre de 2014
Era o nove de decembro de 2014 cando o Alumnado da UNED Sénior de Xestoso, acompañado polo seu Coordinador D. Luis Ángel Rodríguez Patiño fixo un delicioso percorrido pola moi noble, moi leal e inigualable cidade herculina.
Circuito Cultural por Coruña Capital
Porque é A Coruña, unha das ciudades costeiras españolas cun encanto único e unha beleza digna de admiración.

Introducímonos na mesma pola Avenida da Pasaxe, divisando á man dereita o porto da Coruña onde –ademais de outros- había atracados dous cruceiros, un deles de dimensións considerables.

Non era a primeira nin a segunda, nin a terceira vez que facíamos una visita panorámica á cidade, pero ben merece A Coruña ser visitada de vez en cando porque é una cidade dunha beleza espectacular que sempre ten sorpresas para ofrecer.

Adentrándonos en Linares Rivas, chegando á Praza de Ourense onde hai una emisora da Cadena Ser, na que o noso Coordinador ten un espazo reservado tódolos sábados para falar a a través das ondas de diferentes temas de actualidade.

Continuando a viaxe, á man esquerda quedaban a Fundación Barrié, a Fundación Caixa Galicia, o Obelisco, a Subdelegación do Goberno, -antigo Goberno Civil- e a Marina coas súas famosas cristaleiras coñecida a nivel mundial polas postais que lle dan a esta cidade o renome de “Cidade de Cristal”.

Á man dereita deixábamos a Delegación do Goberno en Galica, a Comisaría de Policía, os xardíns de Méndez Núñez, a Deputación, o Teatro Colón, o Palexco e outra vez nos encontramos cun dos cruceiros chamado Queen Victoria, de dimensións considerables, que se mostraba maxestuoso diante dos nosos ollos e despertaba en nós a intención de dar una voltiña polo mundo cando na UNED Sénior de Xestoso nos concedan un ano sabático.

Antes de adentrarnos no Parrote, o Coordinador mencinounos a María Pita e a Praza que leva o seu nome, onde se atopa a casa Consistorial e onde o visitante pode ler: “Casas consistoriales de la muy noble y muy leal ciudad de La Coruña, cabeza, guarda, llave y fuerza y ante mural del Reino de Galicia”.

Seguindo en rota sobre a aula ambulante, lembramos a Dona Emilia Pardo Bazán, o Arquivo, o xardín de San Carlos á man esquerda e á dereita quedaba o novo paseo da Marina, o hotel Finisterre e as instalacions deportivas da Solana; pero a nosa vista dirixiuse cara ó Castelo de San Antón que noutrora fora lazareto e máis tarde prisión para pasar a dedicarse na actualidade a Museo Arqueolóxico moi Circuito Cultural por Coruña Capitalvinculado ó noso benquerido Profesor D. Felipe Senén López e onde tamén está o “Home de Paderne”, que moitos paderneses recordamos con agarimo.

E xa estábamos no famoso Paseos Marítimo que bordea toda a cidade que nos levou ata o único faro romano que se conserva en funcionamento e que ademais é Patrimonio da Humanidade.

Ante os nosos ollos estaba a TORRE DE HÉRCULES: lugar de beleza inigualble e de parada obrigatoria.

Un lixeiro e animado paseo acercounos ata o monumento mentres disfrutábamos de amigable compañía ó mesmo tempo que as cámaras fotográficos aprveitan a ocasión para rexistrar a visita do Alumnado Sénior de Xestoso a aquel lugar.

A Marola mostrábase relativamente apacible aínda que o día era dun plomizo outonal. No horizonte divisábamos toda a Ría e varios barcos que seguían impasibles a rota que lle marcaba o seu destino.

O lugar traía á mente do Alumnado da Sénior de Xestoso cando o Casón embarancou cubrindo a cidade cun tupido velo afumando.
O lugar daba moito que ver e moito de que falar.

Pero… o reloxio marcounos a hora de seguir observando a Domus, o Complexo Salesiano, o estadio de Riazor e a cidade á man esquerda, mentres á dereita deixábamos o Aquarium Finisterrae, o Orzán e a Praia de Riazor que artificialmente quedaba un tanto oculta por un enorme valado de area que alí botaron para que sirva de dique en caso de efurecerse o mar.

Non sei que é mellor: “se o remedio ou a efermidade”
Deste xeito chegamos ata o Mileniun mentres o serán se nos botaba encima.

Ben que nos apetecía continuar polo Paseo Marítimo ata o seu remate, pero era hora de dar volta, cruzando a cidade que xa mostraba orgullosa os escaparates cheos de atractivos regalos de nadal.

Nós seguimos camiño porque Lourenzo agochado entre nubes, dicíanos caladiñamente que era hora de retirarse porque de noite tódolos gatos son pardos.

Xa lle gustaría a quen esto escribe, telas palabras axeitas para expresar as emocións que o circuito de hoxe despertou en cada un dos asistentes.

O que si pode dicir é que naquela aula sobre rodas respirábase un ambiente moi grato, feliz e acolledor.

Volvíamos felices e agradecidos ós nosos fogares agardando o vindeiro martes que -se todo sae como está previsto- colleremos rumbo a Marín, na provincia de Pontevedra.

Mercedes é alumna da UNED Sénior de Xestoso, Aula de Paderne (A Coruña).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES