Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fai ben e non mires a quen

jueves, 11 de diciembre de 2014
¡Cantas veces oín esta frase nos meus tempos de nena!
E … ¡Cantos anos hai que non a escoito!
¿Por que non se lle din cousas así á infancia de hoxe en día?
¿Será porque ninguén precisa axuda?
¿Será porque todos temos bastante?
¿Seremos autosuficientes?
¿Será porque a xenerosidade xa pertence ó pasado?
¿Estará caducada?
¿Ou será porque case sen decatármonos váisenos endurecendo o corazón?
¿Seremos máis egoístas hoxe en día que fai cincuenta ou sesenta anos?

Non vou ser eu quen xulgue porque nin se me dá ben nin me corresponde. Cadaquén é moi libre de saca-las súas conclusións.
O que si estou en disposición de afirmar é que todo aquelo que se lle dá a una persoa nos primeiros anos da vida, van marcar a vida desa persoa para sempre. É algo así como un código de identidade.
Porque…
-¿Qué fai unha persoa adulta?
-O que aprendeu nas etapas anteriores ¿non?

Supoño que vostede estará de acordo comigo neste aspecto.
Cada persoa –para ben ou para mal- é froito da súa vida pasada.
¿Por qué pensamos algunas persoas que é recomendable facer ben sen mirar a quen?

Pois eu teño comprobado en multitude de casións que cando fago algún ben; en poucas ocasións mo devolve a mesma persoa a quen llo fixen, pero devóvenmo con creces outras persoas ás que nunca lles fixen nada especial.
¿A vostede non lle pasou o mesmo nalgunha ocasión?
¿Por que será?

Tamén teño oído outra frase que pode dar unha resposta a esto:
“NO PIDAS A QUIEN PIDIÓ NI SIRVAS A QUIEN SIRVIӔ
En calquera dos casos a min tanto me dá, porque cando fago algún ben sinto una satisfacción persoal que non hai nada no mundo que mo poida recompensar. Esa é para min a paga que merezo.

Cando fago algún ben, sinto como unha sensación interior que me di que me estou facendo ben a min mesma.
Sinto como se medrara por dentro.
¿Será una ilusión?
¿Pasoulle a vostede algo semellante?
Si fixera conscientemente algo malo a alguén, seguro que experimentaría a sensación contraria. Algo malo me estaría facendo a min mesma.
É probable que sexa un mecanismo de defensa persoal, pero en calquera caso eu seguirei facendo ben sen mirar a quen.
Ese foi un dos encargos que me fixeron de pequena.

Certo que non sei exactamente o que se lle dí hoxe en día nas casas á infancia; pero ata onde eu sei, creo que pouco ou nada se lle fala á infacia nestes términos.

Antes criábannos os membros máis achegados da familia á carón da lareira.
Alí contábanos contos, cantigas, fábulas, oracións…
Todo tiña una moralexa.
Os nenos de hoxe críanos as garderías, a televisón, as maquinitas, os móviles…o mundo.
Cada época ten as súas peculiaridades.

Quizais as novas xeracións vexan as cousas doutra maneira.
O que si lles diría ás novas xeracións é o seguinte:
“OU TES FE OU TES MEDO”

Fai todo aquelo que enriqueza a túa fe para seguir adiante porque con medo non vas a ningunha parte.

Grandes retos lle esperan ás novas xeracións, por esa mesma razón todas aquelas persoas que peiteamos canas debemos deixar ás novas xeracións grandes doses de fe en si mesmas, de fe nos outros, de fe no futuro e –se son crentes- fe en Deus como poder supremo, totalmente positivo e cheo de amor que creou o mundo mediante a expansión da súa enerxía.

O vindeiro artigo: “OU TES FE OU TES MEDO, TI ELIXES”
Graciñas por terme na súa consderación nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES