Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A forza da razón

jueves, 23 de febrero de 2006
No franquismo, os medios informativos escritos tiñan a obriga de publicar editoriais en días sinalados para loubar a festividade correspondente. Así, cada dezaoito de xullo había que contribuir á exaltación do comezo da rebelión armada; o día un de outubro, honrar ó invicto Caudillo, ou o un de maio, crear ambiente arredor da Festa do Traballo.

Agora, en datas determinadas, os Medios -porque lles reina- tamén dedican (dedicamos) unhas liñas especiais á celebración correspondente; cada quen, segundo o seu sentir, a súa idea.

Hoxe é un día no que cómpre mencionar, para non esquecer, o sucedido hai 25 anos no que para a historia pasou como o “23-F”.

Aquel día, homes que entenden o amor á Patria dun xeito anormal, tentaron impoñer a razón da forza por riba da forza da razón. Como non o conseguiron, estamos hoxe aquí, no total sentido da palabra.

Se aquel día se tivese imposto a razón da forza, a nosa vida como país e como persoas teríase visto fondamente modificada; e hoxe os medios informativos (se é que existiamos como tales) estariamos glosando o 23-F de xeito ben diferente.

Con importantes concesións á sinrazón, hoxe impera a forza da razón. E o 23-F é unha excelente ocasión para lembralo, unha vez máis.

Hoxe hai un cuarto de século. Parece que hai unha eternidade, porque este mundo -o noso pobo, Galicia- mudou de tal xeito que casa nada (nin siquiera nós) se parece o que era en 1981.

¡Por outros 25 anos, e por similar evolución-revolución!
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES