Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

75 anos despois...

miércoles, 03 de diciembre de 2014
O 1-12-39, os Irmáns da Instrucción Cristiá (Menesianos) inician as crases para cumprir disposicións testamentarias do matrimonio Martínez-Otero que, ó ceder a fortuna ó pobo de Foz, foron os maiores benfeitores da súa historia.

Medio cento de exalumnos pioneiros, entendendo por tal os que asistiron ás aulas da actual Casa da Cultura, tamén doada pola parella, celebraran no 2010 unha xuntanza, co fin de lembrar afastados tempos ; a convivencia estudiantil e o seu entorno, en épocas nas que a falta de recursos, de liberdade, de medios de todo tipo; ou sexa, de pobreza, non lograron frustrar a felicidade que trascende dun período que na distancia o tempo magnifica, esquecendo as penurias.

O poeta francés Novalis, dixo que “os recordos son o único paraíso do que ninguén pode expulsarnos”; e ese foi o goce dos septuaxenarios ós que a vida levara por distintos camiños, nos que se mesturaron as rosas coas espiñas; 70 anos despois, nunha convivencia de franca camaradería, só empañada pola ausencia dos compañeiros a quen a Pálida, levara xa á outra galaxia…

A aqueles nenos e mozos pasáranlles polo lombo os anos e a evidencia trae á memoria as verbas da poeta Olga Thams: “ No es el tiempo el que pasa. Eres tú que te alejas hacia la sombra... Al final, casi vacías las manos, te preguntas en qué momento se te fue la vida, se te sigue yendo, como un hilo de agua, entre los dedos…”

Difícilmente nos pobos danse efemérides mais dignas de celebrar que as referidas ós avances e melloras de medios para a formación intelectual e humana das xeracións e ésta é a transcendental razón histórica da conmemoración dos 75 anos do Colexio Martínez Otero, que ós focegos nos enorgullece.

Entre os miles de discípulos que pasaron polas aulas, está este cronista a quen limitacións persoais impediron a presencia nos actos do pasado día 27, que ata os últimos instantes dábamos por segura; día de nostálxia, avivada polos versos de Vilar Ponte: “Corazón, ya vamos viejos/; ya van quedando muy lejos/ los recuerdos del ayer. Ya ha nevado en mi cabeza; ya siento la enorme tristeza de lo que no ha de volver”.

Desexamos a aquela Comunidade educativa , benqueridos amigos e amigas, longa e fructífera vida.

(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES