Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A visita de Joseph Haydn

miércoles, 03 de diciembre de 2014
A visita de Joseph Haydn Visitounos F. Jospeph Haydn, é dicir: a súa música porque este xenio da sinfonía foise no ano 1809 sen que marchara de todo, pois algúns seres humanos conseguen a inmortalidade a traveso das súas obras, e Haydn é un deles xa que a súa creatividade reflectida no papel pautado elevou a música a cotas por moi poucos acadadas. No período clásico son famosas as sinfonías de Haydn, Mozart e Beethoven sendo o primeiro considerado o pai delas quizais pola cantidade de obras compostas (máis de cen). Era capaz de compor unha sinfonía para unha pequena orquestra amosando unha peculiar capacidade de sínteses na orquestración, namentres que outros contemporáneos precisaban moitos máis músicos, coma por exemplo o seu avantaxado alumno Beethoven co cal non chegou a levarse moi ben (Beethoven tiña un carácter moi forte) pero malia iso, con Beethoven, segundo manifestan os entendidos nestas materias, a sinfonía chegou a acadar a súa plena madurez.

A “Real Filharmonía de Galicia” é unha orquestra solvente, con capacidade suficiente para saír ben parada de calquera compromiso e xa que logo para interpretar a música dun autor que non é dos que se podan considerar de fácil representación pois supón un reto para os solistas adaptarse ó guión escrito por este xenio. Por exemplo, ó final do segundo movemento, o Adagio da Sinfonía nº6 en re menor, aparece unha pasaxe no que o violín e o violoncello entran nunha conversa a dúas bandas co resto da orquestra coma testemuña. O diálogo e fluído pero acelerado solapándose constantemente o que precisa dos solistas gran virtuosismo e esmerada preparación e compenetración, pero malia iso, a música de Haydn é asimilable para calquera que teña un mínimo de sensibilidade: so é preciso deixarse levar polas sensacións e permitir que a imaxinación vaia por libre.

Dixeron que Haydn tiña un acusado sentido do humor e que en ocasións o deixaba translucir nas súas composicións, por exemplo xogando con falsos finais que despistaban ó público. Non foi o caso deste concerto no que a seriedade estivo presente sempre, e como proba aí queda a interpretación da “Sinfonía nº 7 en do maior” orquestrada para poucos músicos, coma gustaba facer a Haydn, pero aos que daba traballo arreo, e onde o violín e o “cello” teñen fundamental presenza.

Na “Sinfonía nº 8 en sol maior” destaca sobre todo o conxunto orquestral, e aquí a Real Filharmonía amosou o seu profesionalismo ofrecendo un son compacto que deixaba entrever nos acordes as perfectas harmonías. En xeral estivo moi ben nos catro tempos de cada unha das tres clásicas sinfonías que interpretou diante dun público entregado que encheu o teatro “Jofre”.

Houbo no concerto tamén unha anécdota: Avanzada a interpretación da Sinfonía nº 7, cando o concertino e director James Dahigren poñía toda a carne no asador vai e plaf!, rómpeselle unha corda, e o que noutras circunstancias sería un serio problema, aquí podía soar a catástrofe, pero saíu a relucir a profesionalidade e oficio e case sen que o público se decatara, o segundo violín pasoulle o seu instrumento e o concerto seguiu como se nada houbera pasado.

Eu a Haydn o escoitei case cos ollos pechados e deixando que no meu cerebro fosen entrando imaxes que se ían entrelazando na medida en que a música fluía. Foi unha velada moi gratificante, como todas as que nos ofrece a Sociedade Filarmónica Ferrolana.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES