Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Como o can de Castelao

lunes, 01 de diciembre de 2014
En Castelao unha viñeta desas que tanto fan reflexionar -ben deixando caer un sorriso, ben sentido solidariedade, lástima ou mesmo indignación- a quen as contempla, na que están dous homes ollando para un can completamente desnutrido, case transparente, e triste no seu ollar, que leva ó acompañante do dono a establecer con el o seguinte diálogo:

- Por que non lle dás de comer ó can? - Pr'o que traballa...
- Entón, por que non o matas?
- Pr'o que come...!

É dicir, que por arre ou por xo, o caso era deixar estar ó animal esquelético e famélico, ata que a natureza fixera a súa función e o deixara morrer de inanición. Contado doutro xeito, poderiamos poñer a un pai e a un fillo ollando para uns predios ermos, poboados unicamente con toxos, xestas e carqueixas, mantendo, igualmente, a seguinte conversa:

- Fillo, xa que estás no paro e non hai forma de atopares traballo no teu, por qué non aproveitas o tempo, mandas roturar o monte e enchémolo de carballos e castiñeiros?

- Si, e cándo lle vou sacar rendemento? Cando teña netos e estea a piques de as espichar? Para iso é mellor deixalo como está.

- Se eu fixera de novo o que agora ti non fas, con tantas hectáreas de monte como temos, arestora poderiamos traballar os dous na foresta.

- Pero non o fixeches...!

- Por iso cho acometo, porque canto máis pronto empeces, máis pronto os poderás talar (sentenciou o pai).

Traio a colación estes dous episodios porque representan o que está a acontecer coas políticas demográficas e co alarmante problema que neste senso padece a nosa Comunidade e que precisa de urxentísimas intervencións, xa! se non queremos que, cando decidamos volver darlle de comer ó can, o can xa non teña arroutos -nin bandullo- para dixerir a dieta que lle decidamos dar.

O xornal de onte facíase eco da presentación dun libro que seica pon en dúbida o futuro de Galicia se, como apunto na segunda conversa, "non empezamos a plantar carballos xa!". Só así Galicia terá futuro, porque, malia que semelle que -coma os cátaros- nos queiramos suicidar, moramos nun paraíso queparaelesquixeranmilleirosdemillóns de cohabitantes deste planeta impar.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES