Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os muíños, testemuña do abandono...

lunes, 01 de diciembre de 2014
E non sabía, señora, que moitos muiños en Galiza están en proceso de desaparición? En concreto son coñecedor de dous casos representativos na Os muíños, testemuña do abandono...Terra Chá: o da miña parroquia, Lanzós, onde Sabela Figueira fixo un impagable traballo publicado en www.mesondoforno.com co título "os muíños de Lanzós" e polo traballo de campo do proxecto "Os Vilares, lareira de soños" no que comprobei que máis dunha dúcia de muíños da parroquia de Díaz Castro están en estado ruinoso, comestos polas silveiras ou esquilmados para usar pedra.

O país desintegrase ao ritmo dos seus muíños, ao ritmo do seu patrimonio... As institucións, máis preocupadas polo cemento e outros investimentos deixa morrer a riqueza patrimonial de incalculable valor, das máis ricas de Europa cando posta en valor xeneraría riqueza e sobre todo orgullo, fachenda do que somos e fumos.
Os muíños, testemuña do abandono...
Os muíños son monumentos da adtividade dos nosos vellos e memoria viva da nosa historia e mentras asociacións, concellos e a Xunta gastan inxentes cantidades de cartos en papatorias, festas, e outros gastos superfluos seguimos esquecendo a inmensa riqueza do noso patrimonio.

Que non ten memoria non ten futuro. As forzas políticas que non aposten polo noso, a nosa lingua, o noso patrimonio, a nosa arte, decididamente non merecen a miña confianza. Veremos.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES