Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os cobertizos das Reixas nos Vilares

jueves, 27 de noviembre de 2014
Co proxecto Os Vilares, lareira de soños, fomos testemuñas da historia da feira do Sete, nas Reixas, na parroquia natal da Xosé María Díaz Castro, e que foi en tempos unha feira de referencia, coa igrexa, o Os cobertizos das Reixas nos Vilaresadro e cruce de camiños entre Aranga e Betanzos na Coruña e a Terra Chá na provincia de Lugo. Nove tabernas a un tempo chegou a ter As Reixas e mesmo salón de baile.

Hoxe, eses cobertizos son ruinas nas que aínda se adiviñan os peares da pedra granítica de Parga e mesmo a báscula do gando.

Cobertizos históricos como os de Parga ou A Golada son exemplos de restauración e posta en valor deste patrimonio que debe ser recuperado. Entidasdes asociativas como as comunidades de montes, institucionais como o concello ou a Deputación e Xunta, deben implicarse na recuperación destes exemplos de economía social.

Díaz Castro viveu esa feira e a súa desaparición deu lugar á creación da Romería Labrega da Chaira que cumprirá 25 anos coincidindo co pasamento do poeta no mesmo ano no que estivo con Manuel María nesa romaría.

Ideas sobran para facer neses cobertizos unha vez recuperados, feiras monograficas, de artesanía, agricultura ecolóxica ou mesmo unha feira do libro e poesía na que o noso poeta universal sería o fío conductor... pero o primeiro é que os grupos politicos todos se comprometan nos seus programas a recuperar eses cobertizos para despois darlles vida a eles e á parroquia de Díaz Castro.

Hai cousas que deben ser compromiso común, de todos, independentemente da tendencia ideolóxica e un deles, prioritario é o patrimonio, neste caso os cobertizos da antiga feira das Reixas, e agardamos que así sexa, agardamos ese compromiso e a súa execución. Os Vilares meréceno, a Terra Chá tamén.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES