Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lección de vida

miércoles, 26 de noviembre de 2014
O longo da dilatada traxectoria na que cubrín a información cotiá das bisbarras de Celanova e da Baixa Limia para este mesmo xornal, por desgracia foron ben máis das que eu quixera as veces nas que me tocou escribir as crónicas de accidentes de circulación que seituraron as vidas dun mangado de mozos da zona, no traxecto que une Celanova con Ourense a través da estrada N-540.

Así, de memoria, non sabería cuantificar unha cifra, pero sei que non erro se afirmo que ó longo de tres lustros supera dabondo a media ducia.

Se cadra porque xa a miña ocupación diara camiñaba por outras vereas informativas e porque aquela noticia me debeu chegar coma a un veciño máis e non coma o informador que a retería con máis nidieza, non gardo no maxín fotogramas relativos ó desafortunado episodio ó que esoutro día tiven oportunidade de chegar, sen embargo, no Teatro Principal, cando asistín á proxección do documental "Mil sorrisos e un perdón" que por obra e gracia do bo facer profesional de Bruno Nieto, relata a traxedia que supuxo para unha familia de Cartelle o que, de súpeto, un día calquera a unha hora inusual coma as catro e media da tarde, un dos seus fillos, un mozo de 18 anos abordo dunha moto fose alcanzado gravemente por un coche que en sentido contrario conducía alguén que deu positivo no control de alcoholemia, o que o levou a pendurar semanas no lene fío que separa a vida da morte, para lograr amarrarse finalmente ó cabo da vida, aínda que pagando como contrapeso un desorbitado tributo, como foi o de verse condenado a vivir sen unha perna o resto dos seus días.

Máis alá da calidade documental do proxecto audiovisual pensado por Bruno Nieto, que como escribín denantes está fóra de toda dúbida, cando saín do Teatro Principal quixen quedarme sobre todo coa lección de vida que ó longo dos dez anos posteriores ten vido impartindo Dani, o infortunado protagonista do accidente, quen dende os inicios do seu interminable proceso de recuperación física e psíquica sentiu a necesidade de ofrecerlle o perdón a aquél que aquel infausto día se cruzou no seu camiño.

Sinceramente, se ó saír da sala non me fixese eco da xenerosidade, a honestidade, a fortaleza e o resto de valores vitais que Dani demostra ó longo do documental e tamén demostrou no auditorio, non sería merecente de seguir gozando do privilexio desta xanela que me comunica con vostede, benquerido lector.

E dado que o documental me fixo reflexionar profundamente sobre a actitude do ser humano fronte ó transo transcendental da vida, estou seguro de que Dani tamén terá pensado no mesmo que pensei eu. É dicir, en se o seu desexo de perdoar e contalo nun documental non conferirá en deontoloxía co dereito que, malia todo, todo ser humano ten ó olvido.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES