Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comuneiros dos Vilares, o touciño e a velocidade

lunes, 24 de noviembre de 2014
Chega aos meus ouvidos que a comunidade de montes da parroquia chairega dos Vilares aprobou non subvencionar as festas. Perfecto. Eu mesmo defendín en algún artigo que así fixeran, non porque teña nada contra as festas nin contra quen sobrevive destas actividades tan numerosas no noso país, sinón porque hai moito en qué gastar os cartos de xeiro máis razonable e necesario.

Dito esto, tamén amoso o meu desacordo con esta decisión aínda que poda parecer contradictorio, porque aplicaron a taboa rasa e non diferenciarin entre gastos destinados a contratas de orquestras e o que son festas e/ou romarías tradicionais, ou mesmo de carácter etnográfico e cultural.

Concretamente nos Vilares a Romaría Labrega da Chaira, que naceu para contrarrestar a desaparición da outrora grande feira do sete, e que ten 24 anos de existencia ininterrumpida, poñendo en valor oficios tradicionais, contactando familias e sendo un referente chairego, está en perigo por esa decisión.

As liortas e intereses internos dos comuneiros non deben en ningún caso prevalecer por encima da tradición nin sepultar actividades enraizadas na parroquia e na comarca despois de cinco lustros.

No 2015 fanse 25 anos do pasamento de Díaz Castro e tamén 25 da primeira Romaría Labrega da Chaira, na que Manuel María, Marica Campo e o propio Pepe do Vilariño estiveron presentes e ese legado e compromiso non pode verse liquidado por decisións que deben ser repensadas. Cal é a alternativa a esta decisión? Ou a Romaría, que tanto ten que agradecer á comunidade de montes non merece de repente o seu apoio incondicional?

Coincidindo coa comunidade de montes no sentido de dar un mellor destino aos cartos, mesmo en non financiar un ranking de competición entre parroquias para ver quen leva a mellor orquestra, pensó que se equivocan metendo no mesmo saco á Romaría Labrega da Chaira dos Vilares e máis aínda ás portas do seu 25 aniversario, no que marca un fito na comarca e no país.

Persoeiros de todo o país, poetas, grupos musicais e artísticos, actividades, recuperación da memoria, convivio, festa e orgullo do propio foron máis de 4 lustros causa común na Romaría. Non permitamos que remate, reconsideren o aprobado e gañarán o respeto que poden perder.

Os Vilares, hoxe, debe sacar peito polo pulo dado polo seu poeta universal, polo traballo dos seus veciños, porque hoxe pode poñer en valor as súas potencialidades no patrimonial, no paisaxístico, no tradicional... E a Romaría é unha realidade que gañou o seu dereito a existir ao longo dos anos.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES