Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Bolouros e Mariño

lunes, 17 de noviembre de 2014
Na Peña O Lar, antano niño de iniciativas culturais, sociais e benéficas, nacía o grupo Os Bolouros en 1978 impulsado, sobre todo, por Constantino Mariño, xefe da oficina de Extensión Agraria, pioneiro espallando na bisbarra o interese cultural, culinario e económico dos fungos. Pódese decir, sen hipérbole, que con él chegou o coñecemento e o aprecio das setas entre nós.

En 1987 Os Bolouros foron encargados de organizar a IX Semana Galega de Micoloxía, da que Correos emitiu un selo especial, e que trouxo á vila un feixe de ilustres expertos de Galicia e Asturias. Antón Patiño. persoeiro singular, presidente da Federación Galega, acudíu a Foz repetidas veces para celebrar xuntanzas e participar en actividades micolóxicas: extrovertido, poeta, pintor, bohemio. De discurso grandilocuente, elegante na presenza e nos modais, non volvéramos a vernos dende os días de Os Bolouros, aínda que a amizade, por razóns profesionais, era anterior.

O reencontro foi o día 6 de setembro de 2004, na carballeira de Santa Isabel de Outeiro de Rei, no enterro do poeta Manuel María, en momento moi emotivo: entre a numerosa asistencia e mentres os seus amigos da Banda de Sober, ante o cadaleito, interpretaban a “Negra Sombra”. Ao remate achegouse a nós un home, cangado polos anos, que portaba caxato de artística empuñadura. Ante a nosa indeferenza, díxonos: “Ti non eres o Suso de Foz?” -“De momento, sí”- “Eu redactei os Estatutos dos Bolouros…” --”¡¡Patiño.!!”, exclamamos.

O 7 de xullo seguinte chegaba a triste nova: finara Patiño, aos 87 anos: unha, personalidade non doada de esquecer.

Os Bolouros, baixo a batuta do biólogo Xesús Blanco, celebran o XXXVI aniversario… Dende o primeiro intre, con outros amigos, testigo moi de preto do labor de Mariño, alma e corpo do colectivo ó que honrou dende diversas tribunas, dado o prestixo de experto micólogo; ao lembrar, en breves pinceladas, o nacemento de Os Bolouros, o cronista suliña a transcendencia de Mariño na historia micolóxica da bisbarra e en fonda aperta expresa ó amigo o recoñecemento e gratitude e fai votos porque o colectivo perviva por moitos anos.

(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES