Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Asamblea Nacional Galega

viernes, 14 de noviembre de 2014
Vendo o que se está a mover no estado para o futuro arrastrado pola vontade de autogoberno de Catalunya, é previsible que algo suceda nos vindeiros meses.

Asamblea Nacional GalegaTodos somos conscientes de que Catalunya e Euskadi xogan noutra división na que Galiza nin está nin se lle agarda por moito que esteñamos nese carro virtual das comunidades históricas.

Tampouco está o goberno galego xogando nesa liga, sinón que está cómodo nesa terra de ninguén da falsa esmola do que se nos rouba primeiro.

O certo é que mentras esto sucede, o nacionalismo vai nun camiño suicida da parcelación tal minifundio agrícola perdendo apoio electoral e deixando entrar na súa base social a forzas de ámbito estatal.

Esa feira de vanidades de persoas e forzas do nacionalismo galego semella máis unha guerra entre iguais mentras o verdadeiro inimigo goza dun colchón que lle permite manter o control a pesares das evidentes debilidades e retrocesos.

Diante desto, sería moito pedir algo de altura de miras? Un proceso de unión entre TODAS as forzas políticas nacionalistas e galeguistas sin exclusión? Incorporar a título individual tamén á sociedade civil? Crear ese movemento non é unha idea máis ou menos orixinal, é unha necesidade apremiante para non.perder o paso da nosa historia e sumarnos como protagonistas activos do noso futuro. Galiza necesita unha ASAMBLEA NACIONAL GALEGA, integradora, maioritaria propiedade dos galegos e galegas e na que as foras políticas sexan instrumentos para acadar obxectivos reais e non só declaracións de intencións.

O nacionalismo debe ter vocación de dirección do país e non só de reivindicación mentras outros nos gobernan.

Esa ASAMBLEA NACIONAL GALEGA, deberá ser xa a principal tarea de forzas do país. De non chegar a este cometido no que todos nos sintamos representados está claro que non estarán á altura do momento histórico, e non sirve botar culpas a terceiros nin ao inimigo, que está para iso...

Primeiro paciencia e despois independencia... decía un ex predidente de Catalunya. En Galiza xa esgotamos o cupo da paciencia, agora toca activarnos para non seguir nesta estación que leva a ningures
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES