Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dúas rosas para Marcial

miércoles, 12 de noviembre de 2014
Marcial González Vigo deixounos o 8 de outubro de 2013, despois dunha vida intensa, dedicada á súa familia, aos seus amigos e á súa vocación radiofónica. E os seus amigos máis directos celebramos unha homenaxe póstuma, e gardamos as súas cinzas na parte nova do cemiterio de San Froilán na que reina unha paz e soedade acorde coa memoria que gardamos de Marcial.

Ocorréusenos colocar unha pequena placa de bronce para lembralo, pero o material –coidamos- máis ca a súa significación chamou a atención dalgún desaprensivo, e neste momento a súa tumba resulta anónima, o que supoño que a Marcial tampouco lle importaría demasiado porque el tamén sabía que o seu reino –o seu triunfo- non era deste mundo, aínda que profesionalmente foi un triunfador, un xigante; e reinou e segue reinando nos corazóns de todos os que o quixemos.

O día de Tódolos Santos (tamén San Marcial, que se non houbese ese santo, nós tiñamos candidato) fun con parte da miña familia ao cemiterio, e as dúas mellizas nosas depositaron cadansúa rosa diante da tumba de Marcial, empeñadas en que non eran rosas porque unha era vermella e outra branca.
Dúas rosas para Marcial
Marcial tiña querencia especial por estas dúas nenas, por elas e pola súa circunstancia, e por iso saqueilles unha foto que, ao publicala, queda a disposición del en Opinión, de Galicia Digital, unha sección tamén para el benquerida.

José Martí cultivaba rosas para os amigos sinceros de man franca. Ningún amigo maís sincero e mellor ca Marcial. Ningunha lembranza mellor para el ca unha fror. Dúas mellor ca unha. E se, coma neste caso, son catro, sirvan de testemuña da lembranza inmorrente que Marcial José González Vigo deixou en todos nós.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES