Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Isabel Risco, a arte do compromiso

martes, 11 de noviembre de 2014
Teño a sorte de contar como socia e amiga a unha das grandes da nosa cultura, grande de verdade nun corpo pequeniño pero con unha forza inusual na comunicación, Isabel Martinez Risco-Valdivieso.

Isabel Risco, a arte do compromisoIsa, gañadora este ano do premio á mellor actriz de reparto da Academia Galega do Audiovisual (Mestre Mateo) non precisa de premios para facerse querer e ser admirada alí por donde pasa, pola súa humildade, a súa simpatía e o seu compromiso con tod@s aqueles que padecen inxustizas, con aqueles que traballan, e por suposto compromiso co seu (noso) país en tódolos ámbitos.

O seu discurso na entrega dos Mestre Mateo foi unha demostración de que ser galego e ter éxito non ten porque representar renuncias nin sometementos e pasará á historia como unha lección de ser colectivo, pero alegre...

Esta muller, na que a galeguidade, mesmo a de Vicente Risco, latexa no seu pulso, arrastra con ela motivación, alegría, compromiso, loita e forza en todo canto fai e transmite esa forza a que a coñece.

Isa é un modelo de artista NOSA con maiúsculas precisamente por convertir en grandes esas cousas que parecen pequenas e así foi na presentación na Pascua do proxecto Os Vilares lareira de soños, ou en multitude de lugares do país solidarizándose con reivindicacións, proxectos, iniciativas...

Independentemente dos merecidos premios que recibe, ten en cada galego que a coñece un premio e nós o premio de coñecela e disfrutar da súa arte.
Isabel Risco, a arte do compromiso
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES